Isto sucedeu na temporada 18-19 no Ribadeo. Comezabamos unha nova temporada de Preferente na casa.

Viñamos dunha pretemporada esixente, na que fomos xuntando xogadores sobre a marcha. Debido ás moitas baixas que tiñamos con respecto á campaña pasada. A pesares deste hándicap, chegabamos bastante ben preparados. 

O Ribadeo celebra un gol. FOTO MIGUEL

Pero tiñamos un pequeno gran reto a maiores, froito das casualidades do calendario. Preparóusenos algo co que ninguén contaba: a voda dun compañeiro. Un evento xa posto moito antes que o citado partido.

Última semana de agosto, fin de semana. Acudimos a esa voda varios xogadores de equipo e tamén o adestrador. Non vos vou contar agora o que é unha voda. Así que sábado tocou a celebración e domingo o partido. O domingo estaban os corpos no campo como estaban. E as caras non eran as mellores. Está clarísimo que non era o mellor día para xogar.

O Ribadeo posa ante a cámara. FOTO MIGUEL

Había que loitalo e foi así. Sacamos o xene competitivo que temos dentro e fixémonos fortes. Sufrimos e obtivemos a recompensa. Gañamos 2-1. Non vou dicir que fose contra pronóstico pero non era o mellor día para competir.

Iso si, saquei en claro e máis do que xa o tiña; que un equipo faise forte dentro e fóra do campo. Ao final o que quedan son os amigos, as amizades que che da o fútbol. Se non fose por este deporte non se podería coñecer tan en profundidade a esa xente que remata sendo importante nas nosas vidas. Quizais nin a coñeceriamos!

Pablo Rivas López ‘Prosi’. Mariñán emigrado, nas filas do San Tirso.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*