Temporada 2017-2018. Mellor temporada da historia do Racing Villalbés con fase de ascenso incluida. Poñámonos en contexto, esa campaña andaba eu preparando as oposicións a Policía Nacional. E tiña o día 12 de abril o recoñecemento médico e a entrevista despois de aprobar o exame teórico e as probas físicas. Antes diso, toca falar do día 8 de abril. O domingo anterior. O do partido contra o Negreira na casa.

A xogada da lesión. CARMEN GUERREIRO

Esa temporada non xogara moito. Uns 6-7 partidos titular. Os centrais titulares eran Xusto e Antonio. Aquel día Xusto estaba sancionado e xogabamonos a fase de ascenso. O Villalbés estaba cuarto clasificado con 57 puntos, os mesmos que o Barco (terceiro). Por detrás viñan o Somozas e o Arousa con 56 puntos. Todo moi compromido. Así que… Decidín xogar moi a pesar da opinión da miña moza, agora xa muller, e miña nai.

Chamoume miña nai e díxome que non fose xogar. Que tiña a sensación de que me ía facer dano. O mesmo que me soltou a miña muller cando saía pola porta da casa, en Vilalba, cara o campo. Que non fose, que me ía mancar! Que tiña esa sensación no corpo. Tranquiliceinas ás dúas pero así foi.

Muiña, nese fatídico partido. CARMEN GUERREIRO

Minuto 19 de xogo. Centro de Antonio ao que vou de cabeza. E ao caer, o xeonllo foise para atrás. Fractura de meseta tibial e ligamentos… A raíz desa lesión botáronme para atrás na entrevista. Só eran 2-3 meses de lesión pero eran suficientes para descartarme. Fastidiei a oposición e a fase de ascenso.

Moralexa: Hai que ter ás mulleres nun pedestal e facerlles caso. Teñen un sexto sentido que nós, os homes, non temos.

Diego Muiña Ríos. Mítico defensa do Racing Villalbés, fútbol a flor de pel

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*