Xa pasaron cinco ou seis anos. Estaba eu no Ribadeo. Aquela temporada, polo San Froilán, adestramos en Friol e quedaramos nun hotel para disfrutar da festa.

O do hotel ten miga. Alguén tivo  a brillante idea de darme a min, un rapaz de 19 anos, a responsabilidade de reservar as habitacións. Recordo comezar o adestramento en Friol e a xente falando do día que era. E a min non me terminaba de sonar o día que dicían que era co que reservara eu. Comenteino alí e fun mirar rápido a reserva por se acaso.

Alguén tivo  a brillante idea de darme a min, un rapaz de 19 anos, a responsabilidade de reservar as habitacións

Jacob co Foz, ante o Xove Lago. ANTONIO VAZTRA

A xente xa estaba tensa, xurando e pensando se fora reservar mal… Eu xa me viñera arriba, explicándolles que reservara un sitio moi barato no centro de Lugo, ao lado da estación. Estaba como unhas ‘castañuelas’, lucíndome da operación tan boa que fixera.

Ao final, resulta que… encargara para o mes seguinte. Choveume por todos os lados e chamáronme catrocentas. Tivo que ir Criss facer outra reserva para todos os que eramos, que eramos uns cantos. Saiunos por un ollo da cara.

O tema non acabou aí, coa boa bronca que me caeu e os vaciles. Uns días despois recibín unha chamada un pouco rara dun operador que me falaba dunha reserva que se ía cargar na miña conta. Eu dicíalle que non sei de que falaba. Que xa cancelara a miña reserva. A verdade é que a historia pegaba así que comecei a pensar se cancelara mal ou algo así.

Recibín unha chamada un pouco rara dun operador que me falaba dunha reserva que se ía cargar na miña conta

Salto de altura de Jacob, na súa etapa en Ribadeo. FOTO MIGUEL

O operador dicíame: -“Si desea cancelar la reserva, diga cancelar reserva”.

-“Cancelar reserva”, a resposta estaba clara.

-“De acuerdo, se procederá a cargar en su cuenta 250 (200 e pico) euros”.

-“Cancelar reserva”, “Cancelar reserva”.

O operador seguíame fastidiando… Era a clásica broma da máquina. Dinme conta tarde. Estábanme vacilando os meus compañeiros. Quedou unha gravación bastante graciosa e unha anécdota boa. Era digna de oír. Rulou bastante…

Jacob Maseda Veiga. Mediocentro do Viveiro, talento focego

Comparte
                                             

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*