IMAXE DE PORTADA: Web PM Friol

Non puido ser. O PM Friol chegaba este domingo á Reigosa coa intención de conseguir a terceira victoria consecutiva e saír do último posto da clasificación. O seu rival, o Sporting de Gijón, perseguía os tres puntos para afastarse das lucenses, rivais directas pola permanencia. Finalmente, as asturianas superaron ás locais por 3-4.

Tal vez foi esa esixencia a que fixo que as futbolistas de ambos clubes afrontasen o choque demasiado revolucionadas. Apenas houbo control no mediocampo, o balón ía dunha área á outra constantemente… converteuse nun partido que calquer espectador neutral disfrutaría, pero no que calquer técnico botaría as mans á cabeza.

Porén, o PM Friol golpeou primeiro. En torno ao minuto 20, LP asinou o seu primeiro gol da tarde. A partires do tanto, as friolenses puideron aumentar a distancia, pero a gardamallas visitante salvou ao seu conxunto. Tal e como estaba de aberto o partido, o conxunto que gozase de máis efectividade levaría o maior premio. E así foi: dous achegamentos do Sporting no 35′ e no 40′ traducíronse no 1-2. As locais tiraron do orgullo e conseguiron o empate (de novo por medio de LP) xusto antes de chegar ao intermedio.

Tra-lo parón, as sportinguistas saíron máis agresivas e, pese a que o gol puido caer de calquer lado, foron as de Mareo as que conseguiron o 2-3 no 60′. Pouco despois, un penalti cometido a prol do Friol traduciuse no 3-3, de novo da autoría de LP. Porén, a xogadora visitante Oli sentiu envexa da nosa LP e, no 72′, asinou tamén o seu terceiro tanto da tarde, o 3-4 que xa sería definitivo.

Destacou LP por facer tres goles e levar o peso do xogo. O presidente do PM Friol, Ángel Villar, declarou para Futbolinlugo ao final do choque que “foi un mal partido e non estivemos como outras veces. Isto complicase moito.”

Así, o PM Friol non se pode permitir volver fallar, pois restan dúas xornadas decisivas. O próximo domingo visitan o campo do Atlético “B”.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*