IMAXE DE PORTADA: Twitter PM Friol

Boas novas no fútbol feminino. Mentres semella que os datos da terceira ola da covid-19 comezan a descender na Galiza, o PM Friol fai o contrario e sube coma un foguete. Este domingo, superaron por 0-1 ao Madrid CF “B”, resultado que serve ás da Reigosa para achegarse ás súas rivais e ter todavía opcións de entrar na fase de ascenso (evitando, por tanto, o play-off de descenso).

Porén, non foi un partido fácil para as rapazas de Jose “Ponfe”, que comezaron o duelo nerviosas, algo que trataron de aproveitar as locais. Pasado o cuarto de hora de xogo, as futbolistas visitantes soltáronse e conseguiron dominar. Froito dese dominio, as de Friol gozaron de ocasións que se podrían ter traducido en goles de non ser pola gardamallas madrileña, que asinou tres paradas de moito mérito nos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade, o xogo foi un monólogo do PM Friol, pero o gol non chegaba. Tras errar dúas ocasións moi claras, chegou o minuto 80, no que LP fixo un golazo de falta e puxo por diante ás lucenses. Os últimos 10 minutos e os 7 de desconto puxeron contra as cordas ás nosas guerreiras, que especularon co 0-1 pero, finalmente, conseguiron os tres puntos. 

Destacou a actuación de todas as xogadoras, sendo a máis determinante LP polo seu gol de falta. A próxima semana, o clube de Friol medirase a outro rival directo, o Sporting de Gijón. Nel, tratarán de continuar coa xeira positiva de resultados que sacaría as lucenses do “pozo”.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*