[themoneytizer id=”15360-1″]

O Bóveda estase a mover no mercado para contrarrestar as baixas xa confirmadas de Luaces, Arias, Méndez e Julito. No San Ciprián, Chiki retirouse e Dani López deixa o clube mariñán por motivos de estudos. No capítulo de altas, Kaká e Madhi chegan dende o xuvenil do Viveiro. E Juan regresa tras finalizar os seus estudos. Aínda se agardan máis altas. Na mesma categoría, no Pastoricense seguirá un ano máis Mel. E na Pontenova emerxe Gene, tras un tempo fóra dos terreos de xogo. A súa última aventura fora no Riotorto.

[themoneytizer id=”15360-2″]

Na Montaña, o Becerreá perde a varios xogadores que deixan por un tempo a práctica do fútbol. Son os casos de Biker, Rubén, Álvaro, Jorge e Común. Na Residencia tamén o deixan dous futbolistas importantes: Diego Simón e Dieguito. Por último, a chantadina Laura Vázquez convertiuse en nova xogadora do Carballedo.

[themoneytizer id=”15360-28″]
[themoneytizer id=”15360-16″]
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*