Os movementos no mercado non paran nin en fin de semana, polo que a edición de hoxe ven bastante cargada. Comezamos pola Preferente, cun CD Castro que anunciou os seus amistosos de pretemporada. O sábado 29 de xullo disputarán un triangular contra Polvorín e Outeiro en Cospeito, e o 2 de agosto enfrontaránse ao Páramo. Unha semana despois, o día 9, os de Castro visitarán ao Muimenta. Por último, o día 15 poderemos disfrutar dun Meira-Castro, e o día 18 rematará a preparación dos da Terra Chá, nun bonito choque ante o Foz.

Na Segunda, o Castroverde está a buscar novo míster tras a marcha de Fran Veiga. Ademáis, cinco habituais no once titular este ano como foron Rois, Antón, Javi, Diego e Gabi, deixan o equipo. A búsqueda de novo adestrador e novos xogadores correrá a cargo da mesma directiva que logrou o ascenso, xa que todos os integrantes renovaron nunha asamblea que tivo lugar o pasado mércores.

Nico seguirá como adestrador no Iberia CF.

Tamén na Segunda, un dos equipos que chega con máis novidades é o Iberia CF, que anunciou nova presidenta, Noela Fernández Soto, quen substituirá no cargo a Jesús Otero “Valea”, novo vicepresidente. O clube da Mariña, ademáis, anunciou sendas renovacións, tanto a de Nico como adestrador -cumprindo así a súa terceira campaña á fronte do equipo- como as do 80% do plantel.

Hai varias baixas confirmadas nos branquiazuis: Dani Prieto (que será novo xogador do Ribadeo) e Piedralba (quen inicia unha nova etapa fóra da provincia, no Astur Vegadense). Tamén Carlos será baixa por motivos laboráis, e Jacobo permanecerá apartado do plantel ata que se recupere completamente dunhas molestias físicas. En canto a fichaxes, os das Valgas publicaron o regreso tras unha breve etapa no Ribadeo do seu ariete Dani Montoya.

Para rematar, contamos con novidades na Terceira, concretamente no CD Corgo. A falta de confirmacións, sabemos que un importante número de xogadores que vestiron a elástica do Sporting Lucense na 2016/2017 pasarán a defender as cores do Corgo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*