Queríades un martes movido! Pois aquí o tedes. Velaquí unha nova edición do Diario dun mercado para combatir o mal tempo deste xullo atípico.

A Preferente está que arde. Onte coñecimos as baixas dun Santaballés que aposta pola continuidade do seu bloque. David Otero, Ivi, Jorge Pereira, Castrín e Roi non estarán ás ordes de Juan Rodríguez a vindeira temporada. Pereira regresa ao Outeiro de Rei e os dous últimos seguirán baixo a tutela de Dani Moirón. O novo preparador do Ribadeo segue repescando vellos coñecidos. Os dous últimos, os centrocampistas Castrín e Roi, daranlle un salto de calidade aos do Pepe Barrera.

Sen movernos desta categoría, a Residencia asegurou a continuidade do home revelación da última temporada. Dani Renda non volverá a Outeiro e portará de novo o dez branquiazul.

Xa na Primeira, turno para as renovacións. Chufi e Joel continúan en Castro unha temporada máis. Mesma situación que acontece en Monterroso co xuvenil Adrián Buján e o capitán do filial Balbino. Tamén segue Porto, un dos referentes da zaga da Ulloa e o lateral e capitán Diego Melchor.

Sen viaxar moito, chegamos a Chantada onde o Atlético aposta pola continuidade nun cadro de xogadores no que faltará o extremo Samu xemelgo. Por íltimo, Jairo López cumprirá un curso máis no Burela. O xove xogador chegara no mercado de inverno da tempada suspendida polo COVID, dende o Viveiro.

Na Terceira, o Carballedo é o gran protagonista do mercado. Renova ao capitán David Guerra, a Tony Blanco, Even, Darío, Efrén, Adrián Lobelle e o porteiro Roberto Osorio. No equipo feminino a meta Laly acompañará ás capitás María Varela, Alba Lobelle e Noelia Mazaira. Todas elas seguirán ás ordes de Iban Crespo.

Ademais, dous apuntes de Terceira División. No Viveiro renovou o meta Tomi e coñeceuse a non continuidade do central Roi. O xogador, lastrado polas lesións, apunta á Preferente. Ademais, o exxogador do Polvorín Chiqui (que chegou a debutar co Lugo) ficha no Coruxo. Esta temporada estivo cedido polo club lucense no Marino de Luanco.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*