O imprevisible remate das competicións fai que os equipos comecen a confeccionar o seu cadro de xogadores máis cedo ca nunca e o fútbol lucense non é unha excepción.

Comezamos no fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol non contará a próxima temporada, logo de garantizar a continuidade en Reto Iberdrola, con dúas pezas importantes. Andrea Mirón non renovará no clube presidido por Geluco Villar, ao igual que Natalia Loa. A mediocentro marcha ao Getafe, onde se reencontrará co seu ex adestrador no conxunto lucense Dani Guerrero.

Xa na Preferente, o Lemos anunciou a renovación de cinco xogadores da casa: Varela, Gonzalo  Torres, Guitián, Miguel Salgado e Adrián Castañer. Logo de confirmar a Edu Rodríguez no banco, os da Pinguela apostan por darlle continuidade ao proxecto da pasada temporada que tan bos resultados lle deu ao clube no ano do seu retorno á categoría.

Outro dos nosos na Preferente, a Residencia anunciou a fichaxe de Simón, xogador formado no clube e que dúas temporadas atrás militou na Sarriana. Á Cheda tamén chega Iván Navia, que remata a súa etapa no Palas para afrontar o reto no conxunto capitalino.

Na Segunda Autonómica, Diego Fernández ‘Carra‘ non seguirá no banquiño do San Ciprián. No cadro mariñán continuará unha ampla maioría de xogadores.

Unha categoría máis abaixo, Martín Rodríguez renova un ano máis como adestrador do Celeiro, conxunto que ultima tamén a continuidade de boa parte do seu cadro de xogadores.

[themoneytizer id=”15360-28″]

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*