As I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita poderán ser seguidas dende este mesmo portal (www.futbolinlugo.es). Dende o Salón de Conferencias do Concello de Burela transmitiremos un evento que conta con oito ponentes.

Poñerán ao servizo do público os seus coñecementos sobre distintos aspectos relacionados co balompé. A continuación debullamos a programación deste sábado histórico para Futbolinlugo:

10:30h | Simón Lamas

“Proceso metodolóxico en base á análise do rival”

Simón Lamas debutou como 1º adestrador do Racing na Cheda en novembro de 2018

Ponencia: “Desenvolverei a planificación do proceso pre e post partido. Pretendo que lles sirva a todos para ver como é o proceso de adestramento tendo en conta como é a análise do rival. Antes e despois do encontro. Que vemos do rival e de que podemos sacarlle rédito”

Actualidade: “Estamos moi contentos co rendemento do equipo. Tivemos xa o primeiro problema ao suspenderse un dos nosos encontros. Pero as sensacións son boas. O equipo está medrando no potencial ofensivo cos xogadores que incorporamos. Tentaremos ser nas vindeiras semanas un equipo máis efectivo”

“Na situación de pandemia temos dous partidos cada semana. O primeiro é o test que pasamos para xogar. E o segundo é o encontro da finde. Ambos son moi importantes. A situación xéranos moita incerteza porque os nosos xogadores adícanse a outras cousas”

11:15 | Adrián Laureda & Julián Castaño

“Catro piares dun modelo de formación sostido no tempo”

AL: “Imos intentar dar o noso punto de vista de como traballar en formación. Un modelo que sexa válido case que para calquera contexto que se poda dar. Un modelo que escapa do tradicional”

JC: “Definir un obxectivo permítenos ter unha referencia á hora de tomar decisións. Adicamos máis tempo ao que nos gusta ca o que non; e esquecémonos da súa importancia”

12:15 | Yago Iglesias

“Ataque posicional e presión tras perda”

Ponencia: “Vou expoñer a miña idea do ataque posicional e como combatir en repliegue ou no chamado bloque baixo. Centrándome non só na fase ofensvia, senón tamen na importancia do equilibrio para atacar ben”

Actualidade: “O fútbol sen público non é fútbol nesta nova categoría para nós con tan bos equipos e tan bos estadios. É unha mágoa ver os estadios baleiros. Traballamos para que a xente desfrute e non hai iso”.

“Estámonos atopando ben. Cremos que temos a continuidade dos anos anteriores. Si que é certo que nesta nova categoría estamos notando o nivel de esixencia no ritmo de competición. Tentaremos seguir sendo o máis competitivos posible”

13:00 | Juan Rodríguez & Bruno Gómez

“Optimización de recursos no fútbol afeccionado”

JR (ponencia): “Buscaremos darlle protagonismo aos adestradores de quipos máis afeccionados. Aínda que non teñamos medios como un equipo de 1ª, temos que ser capaces de suplir esas carencias usando outras fortalezas.A escusa de non ter recursos non vale”

JR (actualidade): “Cando deixei a SD Chantada tiña medio pensado estar sen adestrar este ano. Logo xurdiu a opción do Monterroso e aceptei. Despois de levar sete meses sen adestrar non se como se me pasaba pola cabeza deixalo (risas) porque se bota moito de menos. Estou vendo moito fútbol e intentando formarme nas disciplinas nas que me facía máis falta”.

BG (ponencia): “A miña parte vai máis focalizada a un deseño dun microclico competitivo para un equipo de Primera Autonomica. Algo claro e conciso”

BG (actualidade): “Ata fai un mes estiven terminando o UEFA A en Burela. Mentres estaba estudando e facendo traballo aínda mantiña esa vinculación. Bótase moito de menos porque dende os últimos seis anos non parara nada. Entendo que agora mesmo non se dá a situacion ideal para empezar”.

16:30h | Cris Oreiro 

“Modelo de xogo dende o filial ao primeiro equipo”

Así falaba a adestradora do Victoria este venres en Radio Marca Coruña (dende o 1:40:40)

Ponencia: “Partimos dun primeiro momento no que o aspecto fundamental foi a educación deportiva mínima da xogadora. Chegar a facela máis profesional. A partir de aí, sen ser o modelo de xogo, centrámonos no xogo posicional ofensivo. Démoslle moita importancia a fase ofensiva”.

Actualidade: “Aínda que xa empezara a competición, nós levamos oito semanas de pretempada. Seguimos con ese ciclo. Marcámonos ese obxectivo e traballamos o modelo xogo propio. A partir de agora centrámonos no rival mellorando o noso”

“Somos unhas afortoundadas porque se estiveramos noutro lado non poderiamos estar adestrando. Antes o de dalo todo en cada partido, como se fose o último, era algo anecdótico; agora é real. Non sabemos que partido pode selo último. Hai que darlle máis importancia a cada partido e a cada vivencia”.

17:15h | Roberto Fernández

“Metodoloxía de adestramento de porteiros”

En declaracións ao ‘Ser Deportivos’ de Radio Lugo Cadena Ser (min. 3:30), Roberto Fernández avanza os puntos que tocará na súa ponencia: “Referente tanto para o fútbol profesional como de fútbol afeccionado. Veremos distintos modelos e formas de traballo cos porteiros”

18:15 | Mesa redonda

O evento pecharase cunha charla distendida entre os ponentes presentes.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*