Foto de portada: Facebook CSD Arzúa – Antía Vázquez

A 21ª xornada da Terceira División deixou moitos asuntos pendentes para a última da primeira fase. Os #LucensesNaTerceiraGalega teñen moitos retos pendentes para esta fin de semana. Ao igual ca os tres equipos lucenses que vivirán con intensidade a xornada unificada deste domingo ás 17:00h.

Iago López, primeiro obxectivo cumprido

O Bergantiños está clasificado para xogar na segunda fase por acceder a Segunda División da RFEF. O nivel de puntuación do primeiro tramo de competición permitiulle finalizar no primeiro posto do grupo A. Suma 48 puntos. O último punto conseguiuno no empate nas Eiroas ante o Viveiro. Iago López volveu ser titular e xogou todo o encontro. Esta domingo visitará o Somozas con moito en xogo para o equipo local.

Julen, Martín e Marcos titulares no Polvorín

O Polvorín empatou na última xornada ante o Estudiantil e non puido asegurar a súa praza aínda no grupo de cabeza. Julen, Martín López e o capitán Marcos saíron de inicio ao céspede de Santa Isabel. O porteiro Julen regresou ao once titular tras xogar o anterior Ángel Fraga. Julen leva catorce titularidades na temporada. Dani Vidal cumpriu un partido de sanción por acumulación de cartóns. Este domingo xogará na Cheda contra un Arzúa que tamén ten moito en xogo.

Aldán, pendente de ser titular no Somozas

O Somozas recuperou a súa mellor versión no triunfo ante o As Pontes no Poboado. O viveirense Aldán Naval volveu gozar de minutos. Entrou no 80 no canto de Diego Garrido. Acumula dezaseis participacións durante a tempada. De momemnto ningunha saíndo de inicio. O que pase no duelo co Bergan determinará onde vai xogar na 2ª fase.

Aitor regresou esta tempada ao Racing logo de xa formar parte nas categorías base. Foto: Racing Villalbés

Aitor marcou o seu primeiro gol en Terceira

Once xogadores da provincia formaron parte da vitoria do Racing ante o Paiosaco. Santi Gegunde marcou o seu oitavo tanto da tempada. E Aitor estreouse como goleador na categoría. O extremo de Ribadeo xogou o seu quinto partido como titular do curso. O Racing aínda ten opcións de ser terceiro. O domingo xoga co Silva.

Xusto, a por unha nova salvación

O Silva é quinto clasificado da categoría. Vén de empatar no viso ante o Arzúa. O central Xusto volveu xogar todo o partido. Depende de si mesmo para salvarse no encontro que xogará na Grela co Racing Villalbés.

Os lucenses do Arzúa con todas as opcións

Co empate ante o conxunto silvista, o Arzúa non foi quen de escapar da zona perigosa. Terá unha difícil saída a Cheda. Para o partido veñen rodados Álex Vázquez e Pedro Delgado que foron titulares. O partido estivo arbitrado por Iván Abel Bruzos. E asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Álvaro Valín González.

Trece lucenses deron a cara no campo do líder

O Viveiro sacou un punto das Eiroas no partido con máis xogadores da provincia na xornada. Ata trece futbolistas de Lugo participaron coa celeste en Carballo. O cadro adestrado por Chusky non depende de si mesmo para conseguir a salvación directa. Pero si que xogará cun rival directo ao recibir ao Fabril en Cantarrana.

Brais chegou no mercado de inverno ao club pontés procedente do Polvorín. Foto: CD As Pontes

Brais Vázquez, primeiro partido titular na Terceira

O As Pontes trocou de gardamallas nesta xornada. Brais Vázquez xogou no canto de Bugy. Non debutou con bo pé porque o cadro pontés encaixou catro goles. Os pupilos preparados por Chollas non teñen opcións de salvación nesta primeira fase. Non obstante, tratarán de sumar tres puntos ante o Paiosaco para chegar con máis puntuación á 2ª fase.

O Estudiantil 0-0 Fabril contou con trío lucense. David Pereira Ferreiro dirixiu o encontro asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Jesús Adán Gallego.

Víctor Eimil, seguir aumentando a cuantía

O Arenteiro está clasificado para xogar na segunda fase por acceder a Segunda División da RFEF. Os resultados desta pasada finde permitíronlle ser xa primeiro clasificado do Grupo B. O equipo do Carballiño empatou no Baltasar Pujales ante o Rápido de Bouzas. O Arenteiro buscará pasar coa máxima puntuación posible e visitará ao Ribadumia.

Ross, baixa por sanción para a última xornada

Martín López Ross perderase o primeiro encontro da tempada co Arousa. Foi sancionado cun partido logo de ser expulsado con dobre cartón no encontro co Ribadumia. O cadro de Vilagarcía presentou alegacións pero non foron de peso para o Comité de Competición.

O colexiado entendeu que Ross cometía penalti nos últimos intres do duelo ante o Ribadmuia. Amosoulle o segundo cartón amarelo e o cadro da Senra marcou o gol da vitoria dende os once metros. Na última xornada xogará co Alondras. Os dous equipos están clasificados para xogar por acceder a Segunda RFEF na Segunda fase. Os puntos serán importantes porque serán tamén rivais no segundo tramo da competición.

O Choco de Alberto Suárez lidera a igualada pola salvación

A igualdade por conseguir a salvación directa no Grupo B é moi ampla. O Choco é cuarto clasificado e está empatado a puntos co Ourense CF que ocupa zona de descenso. O Choco perdeu a pasada finde co Barco, un rival directo. Albero Suárez xogou todo o encontro. O domingo xogará co Pontellas, o pechacancelas do grupo.

Julio Delgado, preparado para a última xornada

O xogador de Burela non puido xogar na finde, pero si tivo minutos no encontro adiado que xogou o Ourense CF ante o Alondras (1-1). O conxunto orixinario do barrio da Ponte ten un duelo directo pola salvación ante o Rápido de Bouzas.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*