A última xornada da primeira fase da Terceira División promete emocións fortes. Moito máis que tres puntos en xogo. Polvorín e Rácing Villalbés pelexarán por estar no grupo que dispute o ascenso. O Viveiro desexa confirmar a permanencia pola vía rápida.

Neste artigo, deixámosvos todas as combinacións posibles de cada un dos nosos equipos lucenses para que estes consigan o seu obxectivo. Pero antes diso, esbozamos ao completo a Xornada 22 da Terceira Galega. Todos os partidos disputaranse o domingo día 28 de marzo ás 17.00 horas.

  • Polvorín-Arzúa
  • Silva-Rácing Villalbés
  • Viveiro-Fabril
  • Somozas-Bergantiños
  • Fisterra-Estudiantil Vista Alegre
  • Paiosaco-As Pontes

Como afrontan os nosos esta derradeira xornada?

POLVORÍN. 2 clasificado. 39 puntos.

Xogará no grupo polo ascenso se:

  • Gaña o seu duelo co Arzúa.
  • Empata e non gañan Somozas ou Rácing Villalbés.
  • Perde e non vencen Somozas ou Rácing Villalbés.

RÁCING VILLALBÉS. 4 clasificado. 37 puntos.

Xogará no grupo polo ascenso se:

  • Gaña ao Silva e perde o Polvorín.
  • Gaña e non vence o Somozas ante o Bergantiños.
  • Empata e perde o Somozas co Bergantiños.

VIVEIRO. 8 clasificado. 28 puntos.

Sálvase se:

  • Gaña ao Fabril e o Polvorín non perde co Arzúa.
  • Gaña e perde o Silva co Rácing Villalbés.

O Viveiro depende, polo menos, dun dos outros equipos lucenses.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*