Hoxe é o turno dos máis apaixoados, dos que contan con máis devoción. É o turno do fútbol veterán. Falamos con Miguel Trashorras, Michel, xogador do ADC Sagrado Corazón de veteráns, que un ano máis proclamouse campión da Primeira Local Lucense. E disputará próximamente o Campionato Galego de Fútbol Veterán. Michel xoga actualmente no Sagrado Corazón veterán, un equipo que é sen dúbida o máximo exponente provincial deste fútbol. O seu plantel conta con nomes importantes do fútbol lucense, como Juan Peón ou José Bouso, entre outros e, con 84 puntos en 29 xornadas, xa son campións de liga á falta da disputa de 5 xornadas, ao avantaxar en 22 puntos ao segundo clasificado, o Pastoricense.

Este título da acceso ao equipo ao Campionato Galego de Veteráns, no que a bon seguro realizarán un gran papel. Falamos con Michel para coñecer máis acerca do fútbol veterán:

Futbolinlugo: Ola Michel. Xa sodes os campións, e estades clasificados para o Campionato Galego. Poñédevos obxectivos de cara a ese torneo?

Michel: Sí, temos un equipo moi completo e con moita calidade, e temos a espiña cravada do ano pasado, cando perdimos a final a penaltis. O obxectivo principal é divertirse, pero se conseguimos ir pasando fases e gañar na final, sería moi bonito.

 

Futbolinlugo: Ti xogaches, entre outros, no Outeiro de Rei. Existe una gran diferenza á hora de competir en categorías autonómicas con respecto a liga de veteráns?

Michel: Si, a diferenza é grande. O nivel de compromiso non é o mesmo, a xente deixa de adestrar e xogas por divertirte e facer algo de exercicio. Os planteis son moi largos, porque aumenta o número de lesións. Tamén, o nivel e o ritmo de competición son moi distintos.

 

Futbolinlugo: Se queres disfrutar xogando ao fútbol, e á vez contar con tempo para outras tarefas, ou para atender á familia, o fútbol veterán é una boa opción?

Michel: Claro, entramos nunha idade na que a mayoría da xente traballa. Cada un fai o que pode á hora de adestrar, pero non existe a necesidade de xuntarse nun campo a una hora, e iso tamén é algo que axuda a poder xogar ao fútbol veterán.

 

Futbolinlugo: Xogas con algún nomes importantes no fútbol lucense. É un orgullo compartir vestiario con eles?

Michel: Si, sempre o é. Pero a pesares de algún xogar en categorías superiores, ou ser presidentes… todos son un máis no plantel. O grupo está moi unido, o ambiente é moi bo e levámosnos xenial entre nós, e iso o agradeces, porque o básico é disfrutar.

 

Futbolinlugo: Acostumades a facer un «tercer tempo» despois dos partidos?

Michel: Si (jeje),, iso é moi propio nos veteráns. Xuntámonos despois dos partidos para tomar algo e charlar. Esa é una das grandes aportacións do fútbol, gardo moi boas relación con xente de fútbol, e xa non é somentes o momento no que estás tomando algo, senón tamén cando estás no vestiario. Son momentos que, de non existir, eu botaría moito en falta.

 

Futbolinlugo: Moitas gracias por atendernos, Michel.

Michel: A vós.

Agardamos poder contar pronto o triunfo lucense no Campionato Galego!!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*