Nótase que é venres. Os clubes móvense arreo para disfrutar do seu merecido descanso semanal. Hoxe comezamos polo sur da provincia. O Bóveda, que conta xa coa anunciada marcha de Macía á Sarriana, renovou aos seguintes xogadores: Javier Arias, Roi, Lucas e Ivo. Aínda queda moito traballo por diante, porén o que sí sabemos é que o mítico Cabanelas seguirá á fronte do equipo.

 

Kubala, o regreso dunha institución

Xa en Paradela, confírmannos que segue o 99% do bloque e que haberá escasos retoques, en función do mercado. Estratexia igualiña á do Santaballés, que como moito incorporará a un ou dous xogadores. Que mérito ten manter a todos os xogadores outro ano máis! Por outra banda, no Cazás andan na procura dun xogador por liña e un porteiro, polo menos. E dende Abadín, infórmannos do adeus de Esteves.

Na costa o Burela anunciou as renovacións de Simón e Jairo (como xa adiantamos) así coma as de Cristian, Marcos e Pedro. Por suposto, na Mariña tamén vivimos o habitual baile de banquiños. Martín, excentral do Iberia, adestrará ao Alfoz. Casal fará o propio na Candelaria. Por último, temos que falar do regreso dunha institución ao noso fútbol. Kubala volta aos banquiños e ao noso fútbol base. Será o adestrador do EF Polvorín A xuvenil. E coidado que ao mellor non é último que repescamos! Soa con forza Pille para o posto de mediocentro defensivo do Foz, orfo dende a marcha de Brais.

 

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*