Cinco goles! Sí, un repóker. Iso conseguiu Diego Chao no campo do Bóveda. Porén non foi a única victoria mariñana. O Riotorto venceu por 0-2 ao San Ciprián e o Foz desfíxose da Pontenova no Martínez Otero.

E temos novo líder unha semana máis! A Sarriana, que ganou ao Xermade a domicilio. Acompáñao na zona de ascenso o Xove Lago. Preto dela está o Chantada, a pesar de caer no seu encontro en Pastoriza. Ademais, o San Roque superou in extremis ao Monterroso nun duelo igualado para volver á senda da victoria. Pola mínima. Ao igual que o Santaballés ante o Valadouro.

No entanto, Guerreiro marcou dous dos sete goles do Taboada ante o Ferreira. Se é que o Castro Seoane ben o coñece! Falamos do feudo do Antas, porque os de Martín Murado non xogaron esta semana na Medela. Disputaron o seu partido na veciña Antas. Por último, o Páramo fíxose forte na casa e derrotou ao Lemos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*