Non só os equipos de primeira buscan reforzarse e os super galácticos tentan buscar novo acomodo neste mercado de inverno. No noso fútbol, coa metade de temporada gastada, tamén hai equipos en urxencias que pretenden atopar reforzos que os saquen do apuro, ao igual que outros buscan a quen lles de un salto de calidade que os leve a unha categoría superior.

Este caso que vos presentamos,  saltou á luz pública nestes días, pero xa leva coleando uns meses e non ten visos de solución. Aitor, é un extremo da U.D. Xove Lago, equipo no que disputa a súa segunda temporada, ao que chegou procedente do C.D. San Ciprián.

No pasado verán, logo de realizar un boa campaña en Primeira Autonómica, Aitor tivo varias ofertas dunha categoría superior, “principalmente de Viveiro e Castro, aínda que esta última era complicada polo desplazamento”, apunta o xogador. Malia que as ofertas eran tentadoras, decide quedar no Xove Lago, “a miña única condición para renovar era a continuidade de Kiko Rey como adestrador e como non él non puido continuar voltei valorar seriamente a oferta do Viveiro, pero desde a directiva do Xove dixéronme que me necesitaban no equipo e que si durante a temporada non me atopaba agusto e quería saír do clube, non me ían poñer ningún problema. Foi un acordo verbal, pero polo momento non o están cumplindo“, relata Aitor.

Aitor deixa temporalmente o fútbol ata atopar unha solución

O extremo de San Cibrao comezou a temporada co equipo dirixido por Miguel Sancosmed, e disputou no que vai de liga doce encontros, oito deles como titular, marcando dous goles. Pero o malestar do xogador non tardou en surxir, e xa no mes de novembro pediu saír do clube. “Tiven varias reunións con Miguel (adestrador) e Iravedra (membro da directiva) e dixéronme que tiña que seguir cando menos ata decembro como un favor persoal, e que se seguía con gana de irme buscarían unha solución, pero teñen un non rotundo na boca“, afirma Aitor. A partir dese momento, o xogador coa negativa do Xove Lago a deixalo saír aposta por deixalo fútbol de forma temporal xa que “non me deixan marchar dun equipo que loita polo ascenso a Preferente a un equipo que está en zona de descenso a Primeira, e só porque para eles é un rival directo

Pola súa banda, o presidente do Xove Lago, Alberto Santos, afirma que o xogador “comprometeuse a a estar toda a temporada, e non lle vou dar a carta de liberdade porque hai que ter seriedade e non cambiar de idea cada día, ademáis de que temos un plantel moi reducido e o que equipo que o quere fichar non lle supón mellora algunha na súa carreira“. O máximo dirixente xovense tamén tivo críticas para a directiva do Viveiro, equipo co que negocia Aitor “están prexudicándonos a nós querendo levarnos xogadores, así como ao C.D. San Ciprián que pode ver perigar a súa categoría ao igual que a deles propia. O presidente amosouse “indignado coa pouca profesionalidade desta xente” en referencia ao xogador e á directiva viveirense.

Aitor, nun encontro ante o Pastoricense

Asímesmo, Alberto Santos lembra que él a a súa xunta directiva levan tres anos á fronte da U.D. Xove Lago, ao que colleron a pique de desaparecer, e agora teñen unha base con máis de cen rapaces e o primeiro equipo con xente moi xove que “se logramos que se consoliden e poidan xogar xuntos un par de anos máis igual pode ter moito que decir, pero con estas trapalladas é imposible“.

 

 

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*