A falta dun, temos dous. O sábado abriremos o turno dos derbis de Preferente cun Ribadeo-Polvorín. O domingo será o día do Viveiro-Residencia. Volvendo á tarde do sábado, contamos tamén cun espectacular derbi chairego na Terceira Galicia entre o Rioaveso e o Goiriz. Ademais, a nosa recomendación de base para esta fin de semana. Duelo entre lucenses na Liga Galega cadete: Viveiro A-Lugo B. Para pechar o noso menú balompédico, o domingo viviremos o enfrontamento entre os dous únicos conxuntos que seguen invictos na Primeira Galicia: San Roque e Xove Lago.

 

SÁBADO

16.00 horas. Viveiro A-Lugo B. Municipal. Liga Galega cadete

16.15 horas. Ribadeo-Polvorín. Pepe Barrera. Preferente Norte

17.30 horas. Rioaveso-Goiriz. Paraños. Terceira Galicia

 

DOMINGO

17.00 horas. Viveiro-Residencia. Cantarrana. Preferente Norte

18.00 horas. San Roque-Xove Lago. A Polvoreira. Primeira Galicia

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*