Meritorio empate do Racing Villalbés no feudo do Somozas, un dos claros candidatos ao play off de ascenso. E definímolo coma meritorio posto que os de Óscar Gilsanz xogaron toda a segunda metade cun home menos pola expulsión de Diego López xusto antes do descanso. Tamén foi expulsado Vérez no banquiño do cadro chairego. No Somozas xogaron Álex Pérez e Gerardo coma titulares. Álex Rey entrou nos últimos vinte minutos.

Non foi a única gran nova do sábado. O Polvorín comprimiu a zona alta despois de gañar ao Paiosaco no Ceao. Cuadrado marcou e foi expulsado na primeira metade. Nunha acción que puido recibir ata dous penaltis, viu o segundo cartón amarelo. Facu sentenciou na reanudación tras gran asistencia de Dani Renda. Os de José Durán quedan así a un só punto do liderato. Tamén venceu o Castro logo de remontar o tanto inicial do San Tirso. Os goles foron de Álvaro e Javi Fraga. A maxia foi de Marino, que volveu tola á zaga coruñesa. Os de Javi López seguen facendo o seu traballo e agardando tropezos dos de arriba para chegar ben colocados ao tramo final. A mala nova do sábado chegou dende A Cheda. O mal comezo de encontro da Residencia, con dous regalos antes do ecuador da primera metade, tirou por terra as súas opcións ante o Betanzos de Manu Cedrón. O meta lucense xogou os 90 minutos.

Iso sí, o domingo foi unha tarde de grandes novas. O Atlético Escairón asaltou o feudo do Dubra para saír do descenso. Dous goles de penalti de Calo para remontar o tanto local tralo descanso. A última fichaxe, Kike, debutou coma titular. Tamén abandonou esa zona de perigo, o Viveiro logo de sacar un valioso punto do sempre complicado feudo do Estudiantil. Joel entrou no minuto 78 e no 88 deixou aos seus cun menos ao ver o segundo cartón amarelo. Por último, o Ribadeo levouse o derbi ante un Outeiro que puido neutralizar o gol de Tichu na primeira metade. Na reanudación, Luki sentenciou para situar aos de Fiz Rodríguez no terceiro posto.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*