Trío de Ases Terceira (Xornada 22) e Preferente (Xornada 21)
O derbi da capital foi para a Residencia. Un solitario gol de cabeza de Dieguito prolongou o gran inicio de ano dos de Álvaro Meilán, que suman 10 puntos nos últimos 4 partidos. O pelotón perseguidor aproveitou a derrota do Polvorín e, por exemplo, o Ribadeo xa está a só tres puntos desa segunda praza de ascenso. Os de Fiz Rodríguez derrotaron ao Ordes nun encontro no que Tichu rematou de central e no que tres dos goles chegaron entre os minutos 11 e 13. Outro dos que arañou un punto nesa loita polo ascenso foi o Castro. Meritorio empate dos de Javi López no campo do potente Arzúa, a pesares de xogar 40 minutos cun xogador menos pola expulsión de Edrosa. Os dous goles do encontro rexistráronse na primeira metade.
Na batalla pola permanencia, o Atlético Escairón deixouse dous puntos a dez minutos do final. Pero aínda foi peor en Viveiro. O cadro de Chusky realizou un gran encontro ante o Atlético Arteixo. Non bastou para gañar. Os visitantes igualaron a contenda no minuto 95. E a única derrota colleitouna o Outeiro en Betanzos. Desperdiciou boas ocasións e cedeu pola mínima ante o histórico conxunto da Coruña. Por último, o Rácing Villalbés resolveu pola vía rápida ante un Barbadás débil.
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*