Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes da media hora de xogo. Aínda así, os de Óscar Gilsanz seguen fóra dos postos de play off de ascenso. Iso sí, moi pretiño. A outra gran noticia da xornada chegou tamén da Chaira. O Castro acabou coa condición de invicto do líder. Asaltou o feudo do Laracha e presentou a súa candidatura ao ascenso. Marino e Iván González firmaron os goles da remontada.

Ademais, o Polvorín goleou ao Outeiro de Rei cun hat trick de Escriche. Os de José Durán atópanse só a tres puntos do líder Paiosaco. E outro que gañou foi o Ribadeo, que segue na zona alta da táboa. Os de Fiz Rodríguez desfixéronse do As Pontes logo dun inicio de partido espectacular, no que firmaron o primeiro tanto.

No entanto, o Viveiro métese nun lío logo de caer na casa ante o Xallas. Os de Chusky contan con 18 puntos, os mesmos que o Atlético Escairón logo de empatar co Estudiantil. E 18 tamén ten a Residencia, a pesares do seu traballado triunfo ante o Boimorto. Iso sí, os capitalinos seguen en descenso pola diferenza de goles.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*