Só dous equipos lucenses foron quen de gañar nesta xornada. O primeiro deles, o Atlético Escairón. Os de Anxo Valcárcel desfixéronse do Ribadeo despois dun encontro moi serio. Os mariñáns tiveron unha tarde para olvidar. O outro dos nosos conxuntos que venceu, foi o Castro. Desfíxose pola mínima do Estudiantil cos goles de Buide e Omar.

Peor sorte tiveron o Viveiro e o Outeiro de Rei. Os de Chusky non lograron facer frente ao potente Arzúa e os de Juan Peón realizaron un dos mellores encontros da campaña. Pese a iso, cederon ante a efectividade do Órdenes. Ademais, o Polvorín deixouse dous puntos na súa pelexa pola segunda praza, agora do Arzúa. O cadro de José Durán non pasou do empate ante o Xallas, nun duelo no que Javi Rey errou un penalti con 0-0. O outro cadro capitalino, a Residencia perdeu con claridade ante o As Pontes. Os de Álvaro Meilán presentaron moitas novidades. O lateral Rober volveu vestir a branquiazul e os xogadores do filial Aldo e Esteban saíron de titulares. Por último, na Terceira, o Racing Villalbés levou un punto do complicado feudo do Arenteiro. Un só punto separa aos de Óscar Gilsanz dos postos de play off de ascenso.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*