Domingo de goleadas na capital lucense. A Residencia superou con claridade ao Dumbría, con hat trick de Borja Rasilla incluido. Ademais, o Polvorín desfíxose do Sofán por 3-0 na loita pola tercera plaza. Cuadrado, que errou un penalti, marcou por partida dobre. A última victoria lucense da xornada, foi a do Racing Villalbés na Magdalena. Un solitario gol de Javi Varela bastou para tumbar ao Ourense.

O Outeiro de Rei salvou un punto nos últimos compases ante o As Pontes e o Atlético Escairón asinou un valioso empate no complicado feudo do Ordes. O resto, foron derrotas. Dúas especialmente dolorosas. O Viveiro caeu no minuto 97 ante o líder e invicto Paiosaco. E o Castro tamén se deixou un punto no desconto ante o Atlético Arteixo. Por último, a boa actuación de Hugo non impediu a derrota do Ribadeo no feudo do Betanzos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*