O Racing Villalbés sumou a súa primeira victoria da tempada ante un Compostela que chegaba invicto á Magdalena. Dous goles de Álex en 14 minutos unido ao doblete de Sergio, con asistencia incluida, déronlle os tres puntos aos chairegos. Pablo Vivero volveu ao once titular e Muiña dispuxo dos seus primeiros minutos esta campaña ante o mítico cadro santiagués. No cal, Santi Gegunde xogou os 90 minutos.

Iso sí, no resto da Chaira non respiran con tanta tranquilidade. Castro e Outeiro caeron pola mínima e seguen sen coñecer a victoria. De feito, o equipo de Juan Peón é o único que non estreou o seu casilleiro de puntos na categoría. Ademais, o Polvorín tamén perdeu por un só tanto nun encontro no que moitos viron excesiva agresividade nalgúns xogadores do Dubra.

O que sí firmou a súa primeira victoria foi o Atlético Escairón no derbi ante a Residencia. O balón parado resultou decisivo na segunda metade. Por último, locura absoluta na Mariña. Festival de goles. O Viveiro neutralizou un 0-3 en contra ante un Boimorto, que se adiantou outra vez nos últimos minutos. Pero Jon deixou un punto en Cantarrana cun tanto no minuto 88. Ademais, o Ribadeo gañou 4-3 ao Atlético Arteixo cun tanto de Poratti no minuto 89. O visitante Dapo, ex do Ribadeo, rematou expulsado.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*