Mala tarde pola nosa zona baixa. O Atlético Escairón ten pe e medio na Primeira Galicia despois de caer na casa ante o Boimorto. Só viu porta Quiroguita no tempo de desconto. O Viveiro non puido aproveitar o seu gran inicio e regresou de baleiro de Dumbría. Gañaba por 0-2 antes dos dez minutos de xogo pero xa se foi en desvantaxe ao descanso. Ademais, a Residencia igualou en Xallas nun choque un tanto inverosímil. Arañou un punto no desconto cun tanto de Adrián pero viu como o colexiado sinalaba o final da primeira metade xusto antes dun disparo dos lucenses, que rematou en gol. Xa se imaxinan a polémica que xerou a decisión… A gran alegría dende o fondo da táboa deuna o Outeiro de Rei. Coa axuda dos postes e de Magic, impúxose nun choque igualado no sempre complicado feudo do Atlético Arteixo. Adrián Vizoso foi o autor do gol dos de Peón no minuto 82.

No extremo contrario, tiñamos un interesante derbi no Arturo Pereiro. Lugar no que o Polvorín deixou o liderado. Un sólido Castro leu o encontro á perfección. Incomodou aos de José Durán e aproveitou o seu momento cos goles de Edrosa e Omar. Por outra banda, o Ribadeo compricouse a súa escalada cara a terceira praza. Perdeu pola mínima en Arzúa cun tanto de penalti no minuto 88. Por último, o Racing Villalbés desperdiciou unha das balas para loitar polo play off de ascenso. Igualou a 0-0 na Magdalena ante un ordenado Arenteiro. Apretou nos minutos finais pero sen acerto.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*