Foto de portada: Mariluz Fagín

A Terceira Rexional grupo norte soprendeu cun troco de líder. Incluso cando o equipo que encabezaba a clasificación gañou o seu partido. Isto explícase pola diferenza de goles. O Friol B coa súa contundente vitoria ante o Nuevo Nausti superou na táboa o Fonsagrada. No sur, o Antas mantense no máis alto. Catro Roldas e Sporting Lucense descansaron. Ángel Merino volve aos bancos dúas semanas despois. 

Na zona norte, o Friol B é o novo líder. Venceu con claridade no José Luis Parga de Noche. Protagonismo goleador para Rubén Varela e Santi Carballido. O Fonsagrada é agora o colíder do grupo. Conseguiu o terceiro triunfo da tempada. Derrotou a domicilio a Comercial. Tamén ten pleno de vitorias a SD Viveiro. Sacou os tres puntos dun partido axustado con sete goles ante o Rioaveso. O Celeiro e o Matela igualaron a dous goles. Dobrete de Brais Maseda por un lado e de Maikel polo outro. Primeiro punto do curso para o equipo viveirense. Ademais o Cazás conseguiu o primeiro triunfo da tempada. Venceu ao Lugo Unión nun encontro que se resolveu na recta final. Héctor deleitou aos presentou cun gran gol para pechar o resultado. O equipo da capital lucense troca de adestrador. Martín Monteserín deixa de ser o preparador. Aínda que seguirá formando parte da estrutura do club. Chega Ángel Merino que comezou a tempada formando parte do corpo técnico do Páramo.

Na zona sur, o Antas continúa na cabeza. Pleno de vitorias. A última ante o Carballedo que aínda non puido estrear a puntuación ao seu favor. Dobrete de Óscar Novo que non formou parte do once inicial. Dende o banco tamén saíu o porteiro suplente Alexis. Colocouse na posición de dianteiro e marcou un gol.  Tamén mantén o bo inicio o Taboada B. Tres vitorias en tres partidos. Venceu no artificial da Medela ao Castroverde. Os partidos como triunfos tamén os conta a Milagrosa. Pero de momento só dous porque xa descansou unha xornada. Venceu no Luis Gorgoso ao Relámpago Taboada. Un encontro que se decidiu nos últimos intres. Anxo marcou un dos goles da tempada. E ademais está recollido en vídeo.

Foi a xornada dos filiais. Os tres da categoría gañaron. Ademais do do Taboada, o Lemos B venceu pola mínima ao Rubián. E o Monterroso B derrotou en Centeás ao Sober. Primeiros tres puntos do curso para o cadro monterrosino.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*