Os onces da 10ª xornada na Segunda Rexional veñen protagonizados pola entrada do Xermade en zona de ascenso no norte. O Mondoñedo sae do descenso ao conseguir o primeiro triunfo do curso. No sur, o Corgo logrou o segundo triunfo da campaña. Levaba sete derrotas seguidas. Os tres puntos chegaron na xornada na que o novo adestrador se estreaba.

O Sanci venceu ao Sporting Pontenova nun dos partidos da xornada. Os visitantes mereceron máis na primeira metade, pero na segunda os locais puxeron en marcha a súa máquina goleadora. Diego Baltar abriu a veda cun dobrete. Deonildo e Poceiro pecharon o marcador con cadanseu gol. O Sanci segue invicto e Madariaga continúa como o porteiro menos batido. Na segunda posición entra o Xermade. Clara vitoria ante o Muimenta. O equipo xermadino foi superior no Pichón. Borja continúa no seu bo momento. Dobrete e pase de gol. Leva 8 tantos en total que xa o colocan na cabeceira de goleadores do grupo norte empatado con Matelo do Sporting Pontenova. Na terceira posición colócase o Meira. Derrotou a domicilio pola mínima ao Abadín. Cuarta vitoria seguida. Aínda que custou. O Abadín dominou a primeira metade. Con varias ocasións claras de gol. Pero o Meira adiantouse nun rexeite. Os visitantes melloraron co resultado a favor e incluso lles anularon un gol por fóra de xogo. Os locais volveron desaproveitar as súas opcións. Non foi o mellor partido do Alfoz. Saíu dos postos de ascenso directo. Pero sacou un punto da súa visita a Cea de Cabreiros. Os dous equipos mantéñense no tren de cabeza. Nesa zona tamén está o Guitiriz. Venceu no Suso Cruz ao Iberia.

O Celta Barreiros perdeu a opción de gañar nos últimos intres ante o Roupar. Dominaron na primeira metade, pero a falta de atención na segunda custoulle caro. O Roupar conseguiu igualar no 2º tempo. O encontro xogouse no Anexo da Marosa en Burela. A Candelaria quere escapar da zona baixa. Volveu vencer logo de cinco partidos sen facelo. Derrotou ao Goiriz nun duelo directo. Resultado axustado, pero que lle permite o cadro da Rúa marcar cinco puntos diferenza co descenso. Desa posición saíu a pasada fin de semana o Mondoñedo. Partido completo do conxunto mindoniense para conseguir a primeira vitoria da tempada. Ademais cortou a boa xeira do Cospeito. O cadro adestrado por Luis levaba tres triunfos seguidos.

O líder (Ferreira) volveu gañar. Aínda que partido foi máis igualado do que reflicte o resultado. O Incio adiantouse no marcador. Edu rematou a saída dun saque dende o recanto. Tivo bos minutos o cadro amarelo. Pero pouco a pouco foi concedendo máis facilitades. Iso aproveitouno o Ferreira. Que marcou 4 goles. A entrada de auga nos vestiarios da Ponte obrigou ao San Lázaro a marchar as Gándaras. A pesar diso os bos resultados continúan. Aínda que a vitoria ante o Río Sil chegou nos intres finais. Despois dun longo tempo de engadido. Os pupilos preparados por Diego Rey manteñen o pulso na clasificación co Ferreira. Os dous equipos levan tres triunfos seguidos.

Terceiro mantense o Paradela que derrotou ao Brollón. Romi, con dous goles, levou desta volta o peso goleador dun Paradela que mira cara arriba. O rei do empate no sur é o Palas. Conta catro dos últimos cinco partidos por un punto. O último foi no Chao da Poza ante o Portomarín. O equipo que os precede na táboa clasificatoria. O Oural continúa coa súa boa xeira de resultados. Cinco partidos sen perder. Desta volta venceu con claridade ao Bóveda. Na zona media da clasificación hai 4 equipos empatados a 14 puntos. O Páramo, o Río Sil, o Santa Comba e o Becerreá. Deles o único que gañou foi o cadro da parroquia lucense. Derrotou en Tras do Novo ao filial do Chantada. O Páramo non puido co Quiroga nun enlamado San Martiño. Iso si, os locais xogaron arredor de 60 minutos cun xogador menos. Unha das chaves do encontro foi a actuación do gardamallas Adri García. O Corgo continúa en postos de descenso, pero con aires renovados. Marchou Vivian Dors e Walter fíxose cargo do equipo. Primeiro partido e primeira vitoria. Derrotou pola mínima ao Becerreá nun encontro con cinco goles. Tres puntos que gañan máis importancia porque os visitantes chegaron a gañar por 0-2 con dobrete de Jon Cantiz. Golazo incluido no segundo gol. Pero apareceu Javi. Hat-trick e remontada na casa.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*