*Ferreira-Chantada: Bo comezo dos de Juan, que se adiantaron no marcador. O Ferreira empatou e igualouse o choque ata o descanso. Na última media hora, o Chantada foi a polo partido e os locais quedaron cun home menos por unha lesión. No minuto 90, unha falta levou os tres puntos para o Sangoñedo. Aínda tiveron tempo os visitantes de errar un penalti no desconto. Lucas debutou no Chantada. Oitavo xuvenil que o fai esta campaña.

*Riotorto-Sporting Pontenova: Igualdade e bon xogo nun dos derbis mariñáns da xornada. Bo xogo e alternativas pero foi o que Riotorto o que se adiantou por dúas veces. No entanto, a Pontenova sacou un punto no  89 e puido levar os tres de non ser porque Diego López detivo un penalti no último minuto. A última xornada será unha auténtica batalla por fuxir dos temidos arrastres.

*Xermade-Santaballés: Cómodo triunfo dun Santaballés que se atopou cun regalo nada máis comezar. Mala cesión que Dani fixo boa no un para un. O cadro local apenas creou perigo no derbi, agás unha boa falta de Chungui que parou Muelles. Palomo sentenciou contra o remate, cun chut cruzado.

*Sarriana-Monterroso: A mellor versión do cadro de Adrián Vázquez levou os tres puntos da Ribela. Óscar Méndez vive unha segunda xuventude neste tramo final de tempada, como así o demostra o gol que asinou dende corenta metros. Espectacular. A pesares da derrota, a Sarriana aínda pode gañar a Liga. Precisa vencer no seu encontro e que o Foz perda na derradeira xornada.

*San Ciprián-Bóveda: Unha parte para cada equipo. O Bóveda estivo mellor na primeira metade e perdonou oportunidades. No minuto 29, os de Cabanelas quedaron cun home menos. Na segunda metade, e a raíz do primeiro gol do San Ciprián, os visitantes viñéronse abaixo mental e físicamente. Aí, os de Tomás Costa aproveitaron para sentenciar. Agora, a ver se os mariñáns son quen de acadar a permanencia na última data.

*Páramo-Pastoricense: A necesidade dos puntos fixo saír ao Páramo a por todas. Os de Fontal dominaron o encontro de principio a fin. Casillas salvou o perigo na primeira metade, na que houbo gol pantasma de Álex incluido. O central lucense resarciuse na reanudación, marcando un gol clave no futuro próximo do cadro das Rapadas. A entrada de Fede e Robertito despois do descanso deulle un plus aos locais, que viron como o Pastoricense dispuxo de dúas boas ocasións para empatar no arreón final.

*Valadouro-Foz: O cadro de Julio Castro levou o derbi pola mínima e privou ao Foz de levar o campionato. Máxima efectividade do Valadouro para firmar un triunfo clave pola permanencia. Os locais souberon sufrir nos últimos vintecinco minutos ante a insistencia do líder. O tanto de Cora pode significar a presenza dos do Árbol un ano máis na categoría.

*Lemos-Xove Lago: O contragolpe do conxunto mariñán impuxo a súa lei na primeira metade. Especialmente, Juanjo Coello, que se aproveitou da mala primeira metade dos monfortinos. O ariete segue en estado de gracia. Él mesmo puxo a sentenza nas postrimerías do encontro, en medio dunha segunda metade na que o Lemos reaccionou sen sorte.

*Taboada-San Roque: Os capitalinos son novo equipo de Segunda Galicia. Arturo adiantou aos de Manolo García, que controlaron o choque ata a expulsión de David. Marcos igualou na acción posterior ao cartón vermello, de falta. Montes conseguiu o segundo antes do descanso e o Taboada aumentou aínda máis as diferenzas nunha falta rápida na segunda metade. Dende aí, o San Roque tivo a posesión pero faltoulle creatividade nos últimos metros.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*