O mercado de inverno volveu traer ilusión ó fútbol de Pol. O conxunto polense tan só perdeu un partido no que levamos de ano ante a Candelaria, o resto saldouno con catro triunfos e dous empates. E que o conxunto da Segunda Galicia grupo norte reforzouse con fichaxes de categoría. Un deles, o de Álvaro Álvarez que no mes de decembro abandonou a disciplina do Castro, equipo de Terceira División. Tamén chegou o equipo de Pol, Óscar Brokenbrow da Residencia de Primeira. Do mesmo equipo veu o dianteiro Javier Coedo. Fichaxes de categoría superior que xa gañaron a titularidade no seu novo club.

Vivian Dors, de xogador a míster

Cando aínda era adestrador da Milagrosa femenino, o francés Vivian Dors fichou polo Pol como xogador, unha peza máis na idea do equipo de reforzar o cadro de persoal de cara o segundo tramo de liga. A semana pasada fíxose oficial a destitución do técnico do país galo no equipo de Frigsa. Ademais de adestrar o equipo sénior feminino do  Dors tamén se encargaba do infantil.

Agora Vivian optar por outro camino: «tenía ficha de jugador con el Pol y me propusieron entrenar al equipo. Sólo entrenar, no jugaré».  Debutou a semana pasada con triunfo ante un dos conxuntos da zona baixa, o Cospeito ao que lle gañou por 0-1. O Pol atópase agora no mellor momento da temporada, con seis partidos sen perder onde colleitou tres vitorias e tres empates. Dous precisamente contra equipos da zona alta como son o líder Pontenova e o Iberia.

A pesar da boa xeira, o Pol é sétimo clasificado con 32 puntos, a 13 dos postos de promoción de ascenso. O adestrador Vivian Dors di que o obxectivo «es terminar la temporada de la mejor manera posible e intentar preparar el año que viene«. A vindeira cita do Pol será todo un derbi ante o Meira o próximo domingo ás cinco no Manuel Luna. Dors prevé un partido moi pelexado como adoitan ser todos os duelos de rivalidade.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*