Palabra de Jesu Rodríguez: Unha vida en vermello

Todo comezou no verán de 2009 cando cheguei ao club na categoría infantil, por medio de Antón, que xa me adestrara un ano na escola de fútbol de Cervantes. Ao longo dos anos no club pasei de quedar en media táboa a pelexar por gañar as ligas e incluso por ascender; estando moi cerca na miña última temporada de xuvenís, ademais de chegar a un par de finais da Copa Deputación.

Cando cheguei a SD Becerreá só tiña un par de categorías no fútbol base ademais do primeiro equipo; a día de hoxe conta con todas as categorías incluso o equipo alevín conta con equipo A e con equipo B ademais de levar as escolas de fútbol de Navia de Suarna e de Cervantes; este crecemento débese sobre todo ao noso presidente e á cantidade de horas que lle dedica a isto.

Todo este crecemento do fútbol base vese reflexado no primeiro equipo; cando eu era xuvenil de primeiro ano empecei a ir co equipo rexional e moitos xogadores non eran do pobo. Acadouse un ascenso a Primeira Rexional e unha temporada moi boa nesta categoría. Pero a pasada temporada descendemos de novo a Segunda e o equipo sufriu unha remodelación en canto a xogadores. Este ano a inmensa maioría somos xente de Becerreá e xogadores que fai un par de anos estabamos nas categorías inferiores; polo que a media de idade do equipo era moi baixa.

O resultado desta temporada non foi o desexado xa que pasamos apuros para salvar a categoría por cousas como lesións ou falta de experiencia. Aínda así, serviranos como unha boa base para seguir medrando como equipo con xente de aquí e gañar a experiencia que nos faltou este ano para poder competir por outros obxectivos.

Este ano tamén empecei como adestrador do equipo prebenxamín do clube e o resultado non puido ser mellor xa que conseguimos gañar a Liga e na Copa quedamos eliminados en cuartos de final contra un equipo que aínda non coñece a derrota esta temporada. O mellor dos nenos é sen dúbida o compromiso e as ganas e ilusión que teñen de xogar ao fútbol polo que non poida estar máis orgulloso e máis agradecido. Para acabar dicir que levo toda a vida no club e espero poder seguir formando parte del moitos anos máis.

Jesu Rodríguez. Un mítico da SD Becerreá. Corazón vermello.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*