A falta de tan só 8 xornadas para o remate da competición, no Grupo Sur da Segunda Galicia lucense non hai nada decidido.

Na loita polo ascenso, o primeiro lugar ocupao un  Palas que  semella ter xa un pé  na Primeira Galicia ao gozar dunha renta de 9 puntos sobre o terceiro clasificado. Mais esta vantaxe, os de Quintela non se poderán relaxar ao restarlles o enfrontamento directo frente aos 8 primeiros clasificados,  tendo que visitar ao Santa Comba, ao Ferreira, ao San Lázaro e á Residencia B e recibindo nos Chacotes a Brollón, San Roque, Corgo e Friol.

O segundo posto da clasificación, que supón tamén ascenso directo á Primeira Galicia, ten máis pretendientes que un plató de Telecinco. Actualmente, corresponde á Residencia B que, tras un inicio de tempada un tanto dubitativo, atopou o seu estilo tentando tratar ben o balón a semellanza do primeiro equipo do clube, na procura dun doble ascenso soñado polo branquiazuis. Os de Manolo loitarán por manter o segundo posto que  acadaron esta mesma xornada logo de aproveitar a negativa xeira de resultados que encadea o Brollón desde o inicio de 2017, cunha única victoria en 7 partidos, que o levaron a abandoar os postos de ascenso. Por detrás, a un e dous puntos do Brollón respectivamente, atópanse dous equipos que de seguro non baixarán os brazos e manteránse na loita por desbancar a Palas e Residencia B ata o remate da competición: un Ferreira que logo de varias tempadas na zona alta buscará, este ano sí, subir á Primeira; e o San Roque, un dos equipos máis físicos da liga, que conta co comodín dun partido aprazado polo temporal de hai unhas semanas que o enfrontará ao San Lázaro, o seu inmediato perseguidor.

Cómo leve cada equipo a presión, o estado dos terreos de xogo  e, en parte, a sorte determinarán qué conxuntos acadarán o preciado premio do ascenso.

Pola contra, na pugna por manter a categoría, o Sober parece desafiuzado con tan só 8 puntos, aínda así, mantén a esperanza e pelexa cada partido en pos da milagre. Por riba del, sitúase o Rubián con 18, a Comercial con 21, o Corgo con 21. Entre estes catro equipos estarán, a priori, os 3 que perderán a categoría se ben soamente os separan  puntos do seguinte peldaño da clasificación no  atopamos 3 equipos con 24 puntos: Becerreá, Garabolos e Sporting Lucense. Ningún deles pódese confiar atendendo á distancia e as boas sensacións que están a deixar os seus rivais pola permanencia.

A intensidade en adestramentos e partidos,  os posibles reforzos e o factor psicolóxico serán claves á hora de afrontar estas últimas 8 fechas, ca mirada fixada en cadanseu obxectivo.

Heitor Bello, defensa ‘feirense’ da Residencia B

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*