Hoxe Futbolinlugo cometeu a temeridade de deixarme unhas liñas. Tras darlle moitas voltas aos numerosos temas ue rondaron a miña testa, permitídime que me decida a varrer un pouco para casa.

Levo desde os oito anos, cando empecei a dar patadas ao balón, xogando nunha posición na que semana tras semana volvía a casa sen marcar goles. Pero co tempo aprendín a valorar o meu traballo e a entender que para que un xogador que está sobre o campo marque goles ten que haber outros que se dediquen a labores menos recoñecidas.

Son moitas as posicións que desde o fútbol base non teñen dito recoñecemento, pero hoxe veño falaros da que vivo en primeira persoa, o MD.

É moi frecuente escoitar que xogar nesta posición do campo é moi doado e só consiste en estar ben colocado e darlla aos que saben. Pois non é tan sinxelo, hai que correr (e moito), darlle equilibrio ao equipo, collcer caídas, facer axudas en defensa cando algún xogador vai en ataque, dar saída de balón, cortar contras con perigo, disputar balóns aéreos…

E senón que llo pregunten ao “Bon de Messi”. Gañaría tantos títulos sen o “jugón” de Busquets? Por non falar de outros como Gattuso, Redondo, Yaya Touré, Vieira, Tardelli…

A pequena conclusión á que quero chegar é que a todos nos gusta ir un domingo e ver un “hat-trick” do dianteiro, un “dribling” do extremo, una asistencia de tacón do mediapunta, un centro medido do outro extremo que acaba en gol… pero son poucos os que se acordan da labor que fai ese “mediocentro defensivo”.

Adrián Soto Paz, xogador do Santaballés e amante do fútbol lucense.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

1 ComentarioDeixa un Comentario

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*