O mellor do fútbol son as amizades que deixas, podo dicir que son un previlixiado. Aos oito anos empecei nas escolas do Calasancio. Ao ano seguinte funme para Escairón.  Estiven ata os 15 anos xogando nos infantís, cadetes, xuvenís e no equipo amateur en Primeira Rexional. Neses anos tamén xoguei no Ourense alevín, Calasancio infantil e Pabellón cadete. Sempre a finais de temporada para axudar a conseguir os seus obxectivos.
Despois funme para Coruña, Estiven tres anos no Depor e un no Montañeros. Despois fun para o Lugo que estaba en Terceira. Foi un ano complicado. Cando un sae de xuvenís é a peor etapa para poder xogar e máis se estás lesionado, que foi o meu caso. Terminei o ano no Castro. Ao ano seguinte funme para Ourense B, para Terceira. Un equipon había, ese ano botei seis meses lesionado, mui complicado foi. Despois fun para o Lemos en Terceira. Individualmente non foi un mal ano, pero acabamos baixando .
Despois fun para o Barco en Preferente. Estiven un ano, aos dous anos seguintes fun para o Bóveda. Volvín para o Barco e logramos o ascenso. Ano seguinte Bóveda. Despois volvín para casa catro anos. Estiven dous anos en Sarria e agora volta a casa.
Quédome ca boa relación que teño coa maioria dos clubes que estiven. Sempre tiveron boas palabras cara min, e iso é de valorar.
Jorge Teijeiro Rodríguez ‘Marzán’. Xogador do Atlético Escairón, centrocampista de sona na provincia.
Comparte
                                                

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*