Fran Veiga e Vittín

Tanto na miña época de xogador como agora na de adestrador, sempre me gustou o compromiso. Ese é para min un principio básico. Cando te involucras nun proxecto, sexa cal sexa o teu cargo, o compromiso é innegociable.

Na maña etapa de fútbol base creo que nunca me perdín un adestramento por ter que estudar. Ao final unha sesión son 2 horas, todo é cuestión de organización. De feito, na etapa de xuvenil que coincide cos anos de BAC, adestrar era algo que precisaba para desconectar da fatiga dos estudos. Cousas da vida, nesa etapa no Meira estiven as ordes do gran Víctor López que anos despois me daría a oportunidade de desfrutar del como compañeiro de banco. Volvendo co compromiso, gústame moito esta explicación de Pep Mari.

Por sorte na maioría dos equipos de base as comodidades son maiores ano tras ano pero os rapaces cada vez se frustan antes e abandonan a práctica deportiva a idades máis temperás. Levo tempo pensando que non vai tardar moito en haber un maior número de ligas de veteráns que amateurs. Son moitos os xogadores que cando chegan aos 30 pásanse a veteráns debido a que as esixencias son menores. De novo aparece o compromiso!

Moitas veces me preguntan se me compensa todo o tempo que lle dedico. A resposta é simple: Sí! Cando fas algo porque che gusta non importa o tempo, é algo que preciso.

Un día histórico en Castroverde

Sempre é necesario pararte a pensar e facer balance, hai momentos bos e outros menos bos, pero como di o refrán: “Perdónoche o mal que fas polo ben que sabes” . Recordar partidos, anécdotas, compañeiros, situacións curiosas, todo iso é magnífico.

Como me vou esquecer do meu primeiro ano como adestrador, na S.D. Castroverde. Gañamos o primeiro partido na xornada 13!! Apostáralles aos xogadores unha cea si faciamos 10 puntos dos primeiros 12, fixemos 9 en toda a primeira volta! O primeiro ano de senior no Castro, con todos os amigos nese equipo, que grupo humano o dese ano. Remontándome aínda máis atrás, ese campeonato provincial cadete cas escolas deportivas municipais. Cantas veces deixamos revivida esa quenda de penaltis! E como esquecerme do ansiado ascenso co Castroverde, qué día, qué temporada, qué momentos!

Son moitas as amizades forxadas nun vestiario. Ó final é mais que fútbol, é máis que un deporte. É toda esa xente que coñeces e que de pronto te marca e pasa a formar parte da túa vida. Non merece a pena todo isto por un pouco de compromiso?

Fran Veiga. Comprometido técnico do Pastoricense, traballador do fútbol

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*