Vinte e tres anos fai que cheguei a este gran club. Podo dicir que foi de rebote, xa que un venres á noite xogando ao fútbol sala na Liga local de Castro; foi José Luis Tellado (Panadeira), por aquel entón adestrador da S.D. Pol e a día de hoxe noso presidente, ía ver a un xogador para levalo para Pol. E acabou levándome a min.

Moitos anos no mesmo equipo defendendo o mesmo escudo, nos cales me tocou saber o duro e complicado que é ter un equipo de fútbol nun pobo pequeno como Mosteiro (Pol). Xa que algún destes anos estiven na directiva.

Este deporte chamado fútbol deume momentos que nunca na vida olvidarei. Deume amigos e a posibilidade de coñecer grandes persoas e sobre todo grandes compañeiros de vestiarios. Aos meus anos teño tanta ilusión ou quizais máis que cando empecei (aínda que as pernas xa non responden igual).

Na tempada pasada axudei a lograr que a S.D. Pol volvera á Primeira Rexional moitos anos despois da sua última estancia. E volver a disfrutar esta tempada do fútbol provincial con xente que é referencia provincial como Don Iván González. Unha Primeira Rexional na cal hai equipos de renome que chegaron a estar en categorías moito máis arriba. Noto un cambio moi grande do fútbol de cando eu comecei ao fútbol actual. Porén sigue sendo fútbol e os afeccionados que amamos este deporte disfrutámolo igual.

Esta tempada a S.D Pol cumplirá o seu corenta aniversario. Ogallá poidamos disfrutar deste deporte e deste gran equipo polo menos outros corenta. E como non, co equipo asentado nesta categoría. A pesares de ser moi dura creo que hai moito equipo para lograr este obxectivo.

Para rematar, quero animar á xuventude a que se sume para arrimar o ombreiro. E que sigan practicando este deporte neste gran concello como é o de Pol. Pol ten que ser un referente no fútbol provincial.

José Luis Ferreirós. Gran capitán do Pol

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*