As vacacións van chegando á súa fin. É época de cambios e depresións. De ocupar de novo a cadeira baleira no traballo. De atarcederes temperáns. Tranquilos, non todo é malo. O mellor do regreso á rutina é que regresa ligada a unha pelotiña. Esta tarde bota a andar unha nova tempada para os nosos. Señoras e señores, o fútbol lucense está de volta.

A Terceira Galega e a Preferente dan o pistoletazo de saída á campaña 18-19. Como ben se dice nestes mentideiros, agora comeza o mellor. O auténtico baile. Lonxe queda xa esa época de ligoteos. Flirteos entre xogadores e equipos. Da formación de novas parellas, da consolidación doutras… De noticias impactantes. Inesperadas. Por sorte, con final feliz. O Castro segue entre nós!

De ver se este ano o Viveiro vai estar por fin onde merece. Ou se os veciños de Foz regresan á Preferente ao grande. Do debut do Polvorín na Terceira en todo un San Lázaro. Da Sarriana galáctica, que quere consolidarse en Galicia. Do novo Racing Villalbés de Juan Peón e a estrea de Rafa Casanova nos banquiños do Pepe Barrera… Moitas cousas por ver dende esta mesma tarde. Pasen e vexan. E disfruten. Canten con nós. Déixense levar pola partitura do balón. QUE COMECE O BAILE!!! Aínda que o Viveiro xa o fixo onte. É o que ten o Naseiro!

Comparte
                                       

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*