Cando recibín o whatsapp de Diego dicíndome: «Oe, queremos que empeces a tempada escribindo ti algo», díxenme… «De que cojo… falo eu…?»

Viñéronseme bastantes temas á cabeza, cousas que se están facendo mal ou moi mal no fútbol. De cartas de liberdade, do porqué o fútbol parécese cada vez máis á NBA… Falar sobre a miña…Pero se non son ninguén! Despois de moito pensar, creo que é máis interesante tratar o tema do ‘FRACASO’ no fútbol. Adoitamos utilizar esa palabra de forma errónea e creo deberiamos eliminala do futbol. Á fin e ao cabo este é un deporte no que inflúen demasiados factores para que se de o resultado que esperas ao final do partido ou da Liga.

https://www.cdlustore.com/13-equipaciones

Álvaro é un dos creadores de Azotamentes

O fracaso é outra cousa. Póñovos uns cantos exemplos. Para min fracasar non é fallar un penalti no minuto 93 nunha final de copa, o penalti da vitoria! Para o meu fracasar é deixar morrer á deriva a xente inocente que o único que buscan é ter unha vida digna. Para min fracasar non é descender de categoría. Fracasar na vida é que unha banda de energúmenos violen a unha muller e nun principio non se considere violación. Para min fracasar non é non chegar no fútbol onde te esperabas. Para min, fracasar é que un fillo viva maltratado polos seus pais e en toneladas de lixo.

Isto é fracasar como persoa, como sociedade, o fútbol simplemente considéroo unha APRENDIZAXE máis. Á fin e ao cabo, é un deporte, un xogo máis. Unha boa escusa para ir tomar unhas cañas cos amigos e deberiamos tratalo como tal. Goza, ama, sorrí, aprende, insignia, abraza, loita polos teus soños… Necesitamos ser felices, non mellores deportistas.

Álvaro Álvarez. Xogador da Sarriana. Home comprometido e sentimental.

Comparte
               

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*