Parece que me tocou falarvos algo deste fútbol do que desfrutamos. Non levo moito tempo xogando, espero que aínda me queden moitos anos por diante no meu Pastoricense pero xa foron moitas as experiencias vividas no campo. Que destacar por encima de todo? Pois, ademais de toda esa xente que pon o seu grao de area para axudar a calquera dos equipos da nosa provincia e os afeccionados que apoian ao seu equipo todos o domingos, sen dubida ningunha quédome cos compañeiros que se fan no terreo de xogo.

Estes compañeiros, amigos, cos que se pasa moito tempo ao longo da semana, cos que se desfruta xogando e se sufre algún que outro domingo. Quédome con ese bo rollo que se desfruta no vestiario cada adestramento. Que cada día ao saír dos nosos traballos ou clases, alí nos presentamos, faga o tempo que faga. Non hai nada mellor para desconectar do día a día que botar unhas risas ou uns bailes coa musica atope.

Da gusto estar rodeado por un grupo de amigos que o da todo para sacar un equipo adiante sen recibir nada a cambio mais que a satisfacción do traballo ben feito. Un grupo que dende os directivos, os adestradores e os xogadores, todos poñen o seu grao de area para sustentar esto, que cada día é mais complicado. Para min, este é o fútbol que temos a sorte de practicar. Un fútbol de FAMILIA.

Dani García, xogador da UD Pastoricense

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*