Só queda un paso para os equipos que xogan a final polo ascenso á Segunda. Falta o partido de volta. Da ida, o Catro Roldas trae unha mínima vantaxe de Barreiros. No sur, o Río Sil sacou un resultado moi positivo do Castro Seonae. Ademais tamén se decidirán os equipos que acceden a fase final da Copa 2019. O Alfoz e o Matela son os que mellor o teñen encamiñado.

Na ida da rolda final polo ascenso á Segunda houbo un empate e unha vitoria visitante. No grupo norte, o Celta Barreiros non foi quen de saír por diante da eliminatoria no Cascabeiro. Adiantáronse no marcador. Non foi o seu mellor partido. Álvaro, Jorge e Máquina levaron o peso do equipo. Déronlle vida o Catro Roldas cun gol en propia. O equipo de Román estivo liderado por Forlín, Diego e Cabado. Quere adiantar unha semana as festas patronais da súa parroquia. O ascenso decídese na Canteira. No grupo sur, o Río Sil venceu por dous goles ao Antas e sen encaixar. Cantero cun bo gol inaugurou o marcador e Panizo marcou o segundo de novo por medio dun lanzamento de falta directo. Santi emerxeu no centro da defensa. O Antas tamén tivo as súas opcións. Sobre todo unha ao final que salvou Adrián. Os pupilos de Melendo confían en repetir a remontada feita na anterior rolda co Castroverde.

Na ida da 2ª eliminatoria da fase previa da Copa 2018, catro equipos contan cunha diferenza de dous goles ou máis. A priori a máis igualada está no duelo de filiais. O Taboada B venceu pola mínima ao Lemos B (2-1). Venceron as transicións rápidas dos locais ante un cadro lemista coa intención de dominar a través do balón. Potente, Alexito e Seso guiaron o triunfo taboadense. Todo se decidirá na volta. Na outra eliminatoria da zona sur, o Sober soprendeu ao Quiroga no San Martiño (1-3). Juanmi e Jose Gemelo foron do pouco destacado dos locais. Mikel marcou dobrete para os visitantes.

Na zona norte, a maior vantaxe téñena o Alfoz e o Matela. O campión da categoría venceu a domicilio á Mila (1-4). A priori un dos encontros máis igualados resolveuse con claridade. Polo menos na ida. Dani Río conduciu o xogo alfocense, xunto co bo facer de Jose e Martiño. Tamén encamiñou o pase o Matela. Derrotou na casa ao Friol B (4-0). Quedou con 10 cando ía gañando pola mínima. Non foi impedimento para aumentar a diferenza. Vidal marcou un dobrete e Maikel e Xurxo tamén rendiron a un bo nivel. Rubén Varela e Dani destacaron no filial friolés. Bo resultado tamén sacou o Cazás no Catro Ventos. Viaxará á Fonsagrada co 2-0 da ida. Triunfo coral do club xermadino que levou o peso do encontro. E incluso desperdiciou ocasións para ampliar a vantaxe.

Nota: Os sobranceiros desta xornada xa non contan para as puntuacións do All Star. En breves faremos o reconto e coñeceremos cales xogadores da Terceira Rexional reuniron os méritos para formar parte da festa do fútbol lucense o 29 de xuño na Marosa (Burela).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*