Pouco a pouco van comezando as competicións. Se a fin de semana pasada arrincaba a Terceira, esta foi o turno da Preferente á que lle seguirá na seguinte semana a Primeira Galicia. Na Terceira o Racing Vilalbés empatou ante un dos candidatos a entrar no play-off como é o Boiro. Nun partido marcado pola forte treboada que caeu antes de comezalo encontro, Rubén Gómez igualou o tanto do conxunto do Barbanza, despois dunha gran asistencia de Diego Villares que onte portou por primeira vez en partido oficial o brazalete de capitán na Magdalena.

Os sete equipos lucenses da Preferente arrincaron con resultados moi dispares destacando a vitoria da Residencia nun partido moi traballado na Cheda diante do Estudiantil (2-1). O equipo da Estrada xogou a final polo ascenso á Terceira na temporada pasada. Para o seu próximo partido tampouco se terá que mover da capital xa que xogará no Ceao fronte ao Lugo B que gañou ao Escairón (1-4). No outro duelo provincial da fin de semana, o Ribadeo e o Castro empataron nun partido no que Tichu foi o máis destacado ante o seu ex-equipo (2-2). Capitán Omar marcou os dous tantos dos chairegos. Tamén gañou o Viveiro ante un dos recén descendidos, o Ordes (3-1). Pola súa banda, o Outeiro de Rei caeu derrotado no Val do Dubra no seu regreso á Preferente, a pesar de comezar gañando (3-1).

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*