Os sobranceiros do Lugo B, Lemos e Chantada son os grandes protagonistas do noso once nesta xornada. Os seus equipos conseguiron importantes vitorias que os manteñen na loita polos seus obxectivos. Pola contra, confirmouse unha das novas que xa parecía inevitable nas últimas xornadas, a Sarriana é matemáticamente equipo da Primeira Galicia.

Óscar Rivas, Duque e Dani Renda foron os máis destacados do triunfo do Lugo B por 5-2 ante o Soneira. O cadro de José Durán queda a dous puntos do posto de ascenso directo que agora ocupa o Laracha. Por diante quedánlle catro partidos ante Viveiro, Arzúa (en xogo só o posto na clasificación), Bertamiráns (loitando pola salvación) e Sporting Sada (xa descendido). Estes tres puntos do filial albivermello foron unha boa noticia para o Chantada e o Lemos que sacan marxe ante un rival directo.

Manu do Chantada e Iván González do Escairón repiten no noso once

O Lemos suma a súa segunda semana consecutiva dando sorpresas e botoulle tamén unha man o Lugo B. Derrotou por 3-0 ao Estudiantil con Diego Arias e Andrés Silvio como os maiores protagonistas do encontro. Co empate do Mugardos, o Lemos suma corenta puntos e estaría salvado nestes momentos. O que tamén se aferra a permanencia é o Chantada que sumou ante o Xallas a súa terceira vitoria consecutiva e xa saíu dos postos de descenso directo. Ferre baixo paus e Manu no centro de campo guiaron a consecución de tres puntos vitais, ao igual ca todos os que restan de aquí ao fin de temporada.

Quen non puido evitala súa caída foi a Sarriana que descende de categoría despois dunha mala campaña na que non lle saíu nada. Aínda así, realizou un gran partido na Ribela ante o Bertamiráns. A actuación de Marino foi do máis salientable do partido para os locais.

E no que respecta aos equipos que non teñen grandes obxectivos en xogo houbo dúas vitorias e unha derrota. Iván González e Félix foron os protagonistas do Escairón na súa vitoria ante o Arteixo que o coloca sexto, o que se podería corresponder como o mellor da outra liga. Juanma liderou a seriedade defensiva do Ribadeo na súa vitoria ante un Sada que apenas chegou á portería rival nun choque marcado polo forte vento que zoou no Pepe Barrera. A outra derrota da xornada veu da man do Viveiro por 3-0 ante o Laracha que deixa o conxunto mariñán sen representantes no once.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*