Xeración do 95. Non é a dos Antonio Machado e compañía. E unha das mellores fornadas de arqueiros da nosa provincia. E esta xornada foron protagonistas. Nunca foi tan complicado decidir a quen darlle a portería da semana. Ata se sumou á festa algún máis veterano. Coma Trullo, que detivo un penalti para o Xove Lago. Casillas volveu ser decisivo para o Pastoricense na primeira metade. E en Cerdeiriños chegou a gran oda aos gardamallas. Álex e David ‘Chumi’ estableceron unha bonita pelexa, sen gañador. O meta do Monterroso mostrouse implacable con dous paradóns no tramo inicial. O do Páramo respondeu máis tarde. Unha magnífica man cambiada e unha falta no tempo de desconto, deixaron a súa portería a cero cando se marcaba o gol. David acabou coas dúbidas nunha das últimas xogadas. Quizais fose a parada da semana. Unha magnífica cruz e pé espectacular para desviar o man a man ante Fontal. En definitiva, tres homes que están firmando unha magnífica temporada. E que a bon seguro serán pezas codiciadas no próximo mercado estival. Porteiros sub23 e de calidade escasean.

Porén a de Álex e David non foi a única loita en Cerdeiriños. Houbo outra espectacular na medular. Hugo fixo as delicias dos seus afeccionados. Eso sí, atopou un contrincante impacable. Pepe, o capitán do Páramo, estivo sempre ben colocado. Dando saída ao xogo do seu equipo e axudando na contención. Tarefa similar á que desempeñou Caio para o Bóveda. Xa avisabamos a semana pasada e ante o Santaballés confirmouse que este todoterreo xa é unha realidade. Ao igual que Borja Mella, que a pesar de non marcar, segue unha semana máis no noso once.

Outro que se asenta na nosa formación é Maseda. Parte do renacer do Burela é culpa súa. Dous novos goles para tumbar ao Chantada B. E seguimos na Mariña. En Xove, aos de Kiko Rey escapáronlle dous puntos ante un gran Antas. Yáñez sobresaíu na zaga verde e Guerreiro sumou o enésimo tanto da súa carreira deportiva. Viaxamos uns kilómetros máis. Alí emerxe un central goleador: Bouso, do Foz. Un cadro, o de Gayol, que viu como se lle ía a victoria no desconto. Un gol fundamental de Nacho Carbonell na prolongación permitiu á Milagrosa puntuar despois de dez xornadas sen facelo. Quizais un empate trascendental para a permanencia.

Foz, Monterroso, Pastoricense e Riotorto pincharon. Dous foron os grandes beneficiados. O Valadouro que se impuxo pola mínima á Residencia nun encontro moi pobre. Jandri marcou o tanto dos do Árbol. E o Outeiro que segue ao seu. Só encaixou gol en dous dos dez últimos partidos. Esta vez nin a herba artificial da Fonte nin o poderío dun Pastoricense á alza, pudieron con él. Diego Seijas marcou para os de Peón. Aínda así, o mellor foi Diego López. Por último, no derbi comarcal de A Medela; Fran Regal estreouse con derrota no banco do Chantada Atlético. Parte de culpa tívoa Mosqui. Xa se sabe o que tivo, retivo.

Comparte
   

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*