Un día menos para a celebración do I All Star Futbolinlugo Burela 2019. Publicamos os xogadores con máis aparicións nos onces da temporada na Segunda Rexional. Lembrando que a difusión dos onces semanais é a escusa para falar da categoría. Procuramos a máxima obxectividade posible dentro dos nosos medios. Pero non quere dicir que ninguén sexa mellor ou peor. Simplemente tentamos recoñecer dunha ou doutra maneira o traballo de todos. Nesta tempada coincide que esas aparicións no once teñen premio ao decidirmos organizar o All Star. Oito xogadores da Segunda Rexional estarán representando a categoría no evento do sábado 29 deste mes en Burela. Eles xa saben quen son. Un porteiro e sete xogadores de campo. En breves a convocatoria será pública. Polo de agora publicamos a lista da xente con máis protagonismo na nosa web ao longo do curso. Para desempatar no número de aparicións seguimos o criterio do xogo limpo. Fixemos a media entre os partidos xogados e os cartón recibidos na competición regular:

A Marosa será o escenario do I All Star organizado por Futbolinlugo

1. Caloto (Sporting Lucense). 10 aparicións

2. Aurelio (Folgueiro). 9 aparicións

3. Recalde (Lourenzá). 7 aparicións

4. Javi «Tanketín» (Guitiriz). 7 aparicións

5. Bruno (San Roque). 6 aparicións

6. Isma (Oural). 6 aparicións

7. Pipita (San Lázaro). 6 aparicións

8. Emilio (San Roque). 6 aparicións

9. Yago Armesto (San Lázaro). 6 aparicións

10. Tomás (Valadouro). 6 aparicións

11. Diego (Bóveda). 6 aparicións

12. Seijo (Abadín). 6 aparicións

13. Noceda (Mondoñedo). 6 aparicións

14. Labrada (Guitiriz). 6 aparicións

15. Beto (Cabreiros). 5 aparicións

16. Álex (Iberia). 5 aparicións

17. Joserra (Chantada B). 5 aparicións

18. Lucas (Bóveda). 5 aparicións

19. Hugo (Portomarín). 5 aparicións

20. Macía (Bóveda). 5 aparicións

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

2 ComentariosDeixa un Comentario

  • Son xogador e directivo do SDC Roupar, e sinceramente levovos seguindo toda a tempada pero non entendo moi ben como un equipo que quedou terceiro na clasificacion e subcampion de copa non ten un so representante, non sei quen da os datos dos partidos pero xa vedes, facedes mui bo traballo pero os informadores fallaron un chisco

    • Boas Fran! Repetimos que á lista hai que restarlle importancia. Temos que publicala porque este ano ao facer o All Star temos que guiarnos por algún criterio. Pero as diferenzas son pequenas. Do Roupar hai varios xogadores con 4 aparicións nos onces, por exemplo. Grazas. Un saúdo!

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*