Nen máis nen menos que o Anxo Carro. Alí, á beira do Miño onde o pasado fin de semana xogou o filial do Barcelona se verán as caras Polvorín e Ribadeo o domingo ás 12 da mañá, co ascenso á Terceira en xogo.

Malia ser a xornada 26, cada enfrontamento entre rivais directos é moi importante, para poñer terra de por medio no caso dos lucenses ou ben para deixar clara a súa candidatura no caso dos mariñáns. Con vellas polémicas xa esquecidas, agárdase un partido intenso, propio do que está en xogo sobre o céspede do C.D. Lugo.

Polvorín en posto de ascenso e Ribadeo de promoción aspiran a ser equipos de Terceira a vindeira campaña

O Polvorín SD é segundo clasificado, pisándolle os talóns ao líder, un Paiosaco que nesta segunda volta non amosa a solidez e fiabilidade do primeiro tramo de campionato. Os homes de José Durán gañaron os seus últimos catro encontros e amosan unha gran fialidade como locais, cedendo no que vai de liga tan só tres puntos, os que acadou o Arzúa alá polo mes de octubre. Ademáis o filial lucense é o equipo menos goleado da categoría. Moito dese mérito é do seu gardameta, Pablo Cacharrón, unha das figuras do equipo que ve o encontro ante o Ribadeo “como unha gran oportunidade de abrir oco ante un rival directo, sabemos do importante que sería, polo que afrontamos o partido a tope e soamente pensando en gañalo“. Para o porteiro do Polvorín “é motivante xogar nun estadio como o Anxo Carro, aínda que supoño que para eles tamén o será“. Sobre o rival do domingo Cacharrón é consciente de que estarán na loita ata o final de liga “teñen xogadores moi veteranos que coñecen moi ben a categoría, como Poratti, que saben perfectamente o que fan en cada momento do partido. Ademáis Paiosaco, aínda que atravesou un mal momento, e As Pontes van ser rivais moi fortes, e incluso o Castro

Cacharrón é un dos porteiros con máis proxección do fútbol lucense

O Ribadeo FC é terceiro, cinco puntos por debaixo do seu rival do domingo, ocupando plaza de promoción de ascenso, superando en tres puntos a outros dos favoritos, As Pontes. Os de Fiz Rodríguez non coñecen a derrota nos últimos dous meses e viven o mellor mometo da temporada. Ao igual que o Polvorín, os mariñáns teñen a súa portería ben cuberta. Hugo, cumple a súa primeira campaña no Ribadeo a onde chegou procedente do Valadouro, e nos tres últimos encontros mantivo a súa porta a cero, o que proba tamén a solidez defensiva do equipo. Para o gardameta focense “o partido ante o Polvorín afrontámolo como unha etapa máis da competición, e intentaremos prolongar este bo momento no que estamos de xogo e resultados, sendo conscientes de que despois do domingo aínda quedan moitos puntos en xogo“. Que o encontro sexa no estadio do C.D. Lugo, na opinión de Hugocomo futbolistas queremos xogar sempre no mellor esceario posible, pero o importante son os tres puntos e iso será o que intentemos traer para Ribadeo do Anxo Carro“. É consciente Hugo da dificultado do choque, “o que máis me preocupa do rival é o nivel físico do Polvorín, son xogadores profesionais con moitos máis medios materiais e humanos que o resto de equipos de Preferente, pero si somos capaces de rendir ao noso mellor nivel teremos moitas opcións de gañar, tal e como demostramos na ida, onde non foron capaces de gañarnos cun xogador máis“.

Hugo convertiuse en indiscutible nas alineacións do Ribadeo FC

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Autonómica

C.D. Castro – Xallas F.C. (Domingo ás 16:30 no Arturo Pereiro): os chairegos buscarán un triunfo que os meta de cheo na loita polo ascenso, logo do empate colleitado no campo do Poboado. O seu rival, instalado na zona cómoda da táboa non llo porá doado.

O Castro necesita os goles e a experiencia de Iván González

S.D. Outeiro de Rei – C.F. Dumbría (Domingo ás 17 h. no Municipal): Os de Juan Peón quererán rachar coa xeira de nove encontros consecutivos perdendo e darlle unha alegría á súa afección. O rival atópase en postos de descenso.

S.D. Residencia – Viveiro C.F. (Domingo ás 17:30 h. na Cheda): tres derrotas consecutivas voltaron meter de cheo aos de Meilán na pelexa pola permanencia. Preto estiveron de puntuar no campo do líder. O Viveiro tamén lle complicou a vida ao Polvorín, e buscará confirmar a súa mellora de xogo ante o Residencia.

O vencedor do Residencia – Viveiro dará un paso de xigante cara a acadala permanencia

Primeira Autonómica

U.D. Xove Lago – S.D.C. San Roque (Domingo ás 17 h. no Municipal): ámbolos dous equipos estrearon o seu casilleiro neste 2018. Os mariñáns aínda soñan con poder optar aos postos de ascenso, mentras que o San Roque aspira a melloralo noveno posto actual.

Mintes chegou no mercado invernal ao Xove Lago

S.D. Sarriana – S.D. O Páramo (Domingo ás 17 h. na Ribela): Derbi na Ribela. Imparables os de Julio Corral, que non perden desde o 3 de decembro. Reciben a un Páramo, que tras gañar ao Monterroso aínda mira con recelo os postos de perigo.

Segunda Autonómica

S.D.C. Cabreiros – U.D. Folgueiro (Sábado ás 16:15 na Cea): cuarto contra terceiro, empatados a puntos e a tan só un do Gutiriz, que é segundo. Dous equipos que co paso das xornadas viron que podían optar ao ascenso e téñeno a tiro de pedra.

Friol C.F. – Chantada Atlético (Sábado ás 17:15 h. na Reigosa): os de Rafa Casanova son líderes e sumaron 25 dos últimos 27 puntos en xogo. Os chantadinos que ocupan o cuarto posto cun encontro menos, teñen a oportunidade de recurtar distancias.

Terceira Autonómica

S.G. Comercial – A.D. Catro Roldas (Sábado ás 18 h. no Municipal Rodríguez Lago 1): equipos con traxectoria irregular nesta fase de ascenso. Os lucenses verían como unha derrota os alonxaría do obxectivo, mentras que os de Román teñen a oportunidade de afianzarse nos postos que dan lugar ao salto de categoría.

O Catro Roldas loita por voltar á Segunda Autonómica

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*