O 18 de outubro é un dos días grandes de festa da provincia. Festéxase unha das máis antigas. Ou iso din os escritos. De especial relevancia no norte. O 18 de outubro é o día por excelencia das San Lucas de Mondoñedo. Este ano, que cae en domingo, non sabemos se poderán baixar os cabalos polas rúas da localidade mindoniense. Pero o que, en principio, agardamos é que sexa a data onde o balón volva a rodar pola provincia. A Real Federación Española de Fútbol comunicou este luns as datas de inicio das competicións que dependen directamente da entidade con sede en Las Rozas. Entre elas, hai dúas categorías con equipos da provincia implicados.

O Friol na Reto Iberdrola e o Lugo B, o Racing Vilalbés e o Viveiro na Terceira Galega serían os conxuntos lucenses que botarían a andar na terceira fin de semana de outono. Non obstante, hai máis dúbidas no caso do equipo friolés. A RFEF indica que a Primera Iberdrola comezará o 18 de outubro (agás que por acordo entre clubs poda arrincar non antes do 4 de outubro) e o reste de categorías do fútbol feminino dependentes da Federación Española empezarían «a partir do 18 de outubro». Esa é a medida que lle afecta ao PM Friol na Reto Iberdrola. «Contaba con que ía ser o 18, pero agora poñen ‘a partir de’; non poñen que vaia ser xusto ese día. Aínda así, conto con que comezamos o 18″, afirma Geluco Villar presidente do Friol.

No caso da Terceira División semella que non hai dúbidas. O novo curso comeza dentro dun mes e medio. «Con todos los protocolos que hay que seguir nos viene bien que sea así», salienta Álex Ortiz, o novo adestrador do Lugo B. Aínda así, o que temos a día de hoxe é a data. Falta todo o demais. «Que se vaian reanudando as competicións quere dicir que as cousas poden ir ben. Agora ao saber unha data xa podes ir planificando mellor os adestramentos», comenta Jesús Gómez ‘Chusky’, técnico do Viveiro. Os tres representantes lucenses da terceira inician esta semana os adestramentos. O Lugo B comezou o luns. O Viveiro e o Racing Vilalbés farano este mércores. «Comezaremos con sesións de traballo individuais e en dúas quendas. Un grupo de doce xogadores adestrará as 19h e outro ás 20:30h», apunta Simón Lamas, preparador do Racing Vilalbés.

Geluco Villar: «A partir de cantas contaxiadas para un equipo?»

O PM Friol aínda non comezou a adestrar. Faráo o próximo luns. Un bloque de xogadoras bastante renovado, pero xa pechado. Geluco agarda a que vaian chegando as xogadoras para facelas presentacións. Á marxe de que o 18 sexa a data definitiva, a Geluco Villar ségueo envolvendo a incerteza existente:

Sistema competicional: “Non lles queda máis remedio ca facer subgrupos ou xogar só unha volta. E despois dividir aos equipos para que uns xoguen polo ascenso e outros para evitar o descenso”.

Pandemia: “Falta que saía un protocolo definitivo. Se hai un contaxio para todo o mundo ou continúase? A partir de cantas contaxiadas para o equipo? Quen paga as probas PCR? Os clubs non podemos. Polo menos un 60% dos equipos da categoría non podemos permitilo. Dende a Federación dixeron que dende que comuniquen o protocolo teñen que pasar mínimo 30 días para comezar a xogar”.

Adestramentos: “Empezou practicamente todo o mundo. Eu non quixen empezar. Adestrar sen contacto non serve para o fútbol. Con tanto tempo paradas necesitamos como mínimo seis ou sete semanas para prepararnos. Pero tampouco precisamos dous meses e medio como van levar moitos equipos. Algún xa arrincaron na primeira semana de agosto”.

No que respecta a Terceira Galega xa se coñecen algúns detalles de como se estruturará na vindeira campaña. Haberá dous grupos de 12 equipos cada un. No norte estarán os tres equipos lucenses. Ademais a RFGF anunciou que haberá 3 ascensos e 8 descensos. Palpamos cos adestradores as sensacións que deixan estas últimas noticias.

Álex Ortiz: «La plantilla no está cerrada»

8 descensos: «Está claro que será una competición atípica. No sabemos lo que nos espera. En el sentido de los positivos que puedan alterar el calendario. Vamos a ir día a día. No miramos más allá del seguiente paso que para nosostros será entrenar en grupo. Y así sucesivamente».

Pretemporada: «Comenzamos los entrenamientos de manera individual. Cumpliendo con los protocolos exigidos por la Federación y el Concello. Por lo menos permite tener la sensación de volver a pisar el césped después de tanto tiempo parados. Será una pretemporada también atípica de siete semanas. Esperemos poder jugar amistosos que nos ayudarían a nosostros y al resto de equipos».

Cadro de xogadores: «Tenemos a muchos chicos entrenando con el primer equipo. Eso me permitió verlos ya entrenar. Ahora nosostros también tenemos a bastantes juveniles que estamos viendo su evolución. La pantilla no está cerrada todavía. Pero queda en manos de la dirección deportiva».

Simón Lamas: «O máis importante é que os xogadores podan seguir dedicándose ao seu»

O Racing Vilalbés volve ao traballo este mércores

8 descensos: «Tamén nos intrigra a organización da competición. Cantos partidos, como vai ser a segunda fase,…Paréceme unha cifra bastante alta que descendan 8 equipos. É un tercio dos clubs. Non é normal, pero témonos que adaptar. Polo menos temos unha data para a que prepararnos».

Pretemporada: «O venres a Xunta anunciou que se podían disputar amigables en Segunda B e Terceira e que os adestramentos ían ser con contacto. Aínda así, nos imos comezar adestrando de xeito individual. Ver a que nivel físico se atopan os xogaodores e dende que nivel podemos comezar a traballar. A idea é ir de menos a máis. Ir introducindo despois grupos reducidos, medianos e a segunda ou a terceira semana xa traballar co grupo completo. Hai que minimizar os riscos. Temos xogaodres que estudaan, outros que traballan,…; o máis importante é que eles podan seguir dedicándose ao seu».

Cadro de xogadores: «Nunca se sabe. A priori está pechado. Con David e Anxo que suben ao primeiro equipo e coa chegada de Marino que xa coñece a casa. Estamos moi contentos ademais sabendo que podemos contar con varios xuvenís. Sobre todo Rares que en calquera momento pode subir e competir de ti a ti con calquera do primeiro equipo».

Público nos campos: «Nos esperamos que sexa con público porque cremos que é viable garantir as medidas de seguridade. O fútbol campo ao aire libre pode ser viable para o público. O club está disposto a traballar para isto poida suceder»

Chusky: «Fáltanos unha última incorporación»

O Viveiro volve á Terceira Galega catorce anos despois

8 descensos: «Son moitos para os equipos que somos. Hai que adaptarse ao que veña. Pelexar por quedar libre desas posicións. Hai que prepararse ben porque vai ser unha temporada moi difícil».

Pretemporada: «Será rara xa co inverno en riba de nós. Os amigables dependen de como vaian as cousas. En principio poderiamos xogar contra equipos da Segunda B ou da Terceira»

Cadro de xogadores: «Fáltanos unha última incorporación que chegará estes días. Non sei se a finais desta semana ou para a que vén. E dariamos xa o cadro de xogadores por pechado».

Nestes tempos de pandemia temos que poñer por diante un «se non hai cousa de novo» ou un «se dios quere» porque a incerteza vai seguir moi presente. Non obstante, seguindo todas as medidas de seguridade xa podemos ir facéndolle unha marca ao almanaque. Sen medo, pero con precaución e respecto.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*