Na pasada fin de semana os comezos dos partidos tiveron na súa maioría un nexo común. Ademais o PM Friol conseguiu unha vitoria moi especial.

O fútbol provincial en negro

Moitos clubs da provincia saíron a pasada fin de semana con mensaxes de repulsa á violencia machista. Varias das iniciativas son impulsadas polos distintos concellos baixo á campaña En Negro Contra As Violencias. Outras pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Algún club como o San Lázaro mesmo cambiou as súas equipacións habituais. Unha acción que o cadro da Ponte xa realizou noutras ocasións. Imposible mencionar nesta sección a reivindicación de todos os equipos. Que non quede só nun día. Tamén dende o fútbol hai moito que dicir.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de SDC San Lázaro (@sdc_sanlazaro) el

O PM Friol chega aos 400 partidos en competición oficial

Na temporada máis relevante do PM Friol a nivel de categoría, o equipo friolés chegou a cifra de 400 partidos oficiais. Fíxoo ademais cunha importante vitoria. Venceu ao Pozuelo de Alarcón cun gol de Jone Bilbao. Segundo triunfo consecutivo como visitante. O equipo preparado por Daniel Guerrero mantense na 12ª posición pero aumenta a súa diferenza cos postos de descenso. Seis puntos de diferenza con respecto ao conxunto que precisamente derrotou na finde.

O derbi pasa por Guitiriz

Semella que o #FútbolNaLama afecta a todos os equipos da provincia sen distinción. Algúns actúan obrigados despois das consecuencias; outras optan por previr un posible mal estado do seu campo de adestramento. Para tentar non gastar o seu campo de adestramento, o CD Lugo cambia ás veces de escenario. Unha visita que se produciu a semana pasada ao Suso Cruz de Guitiriz. Este mércores repítese. Alí prepárase o CD Lugo para o derbi deste domingo ante o Deportivo. O cadro herculino tamén pasará por Guitiriz (autoestrada imaxinamos) para acudir a súa cita do Anxo Carro.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*