Dani, en acción

Ano 2013, finais de xaneiro. Era eu cadete de primeiro ano e xogaba no Polvorín. Citoume Julián Castaño, o coordinador do club. Pola tarde e que fose con meu pai.

Xusto antes ían dous compañeiros. Así que, obviamente, pensamos que fixéramos algunha trastada. E íamos ver as consecuencias, coincidindo os tempos co meu cumpreanos. Foi todo o contrario. Díxome que me quería fichar o CD Lugo. Penseino uns días e aceptei a oferta albivermella.

Fun adestrar uns días por alí. O primeiro, un mércores. Para estrearme tocaba ese día pasar probas físicas. Mal plan, a diferenza entre a Liga local e a División de Honra era unha auténtica salvaxada. Acabei morto. O venres xa tocou un adestramento normal. E o sábado ou domingo entrei na convocatoria, xa que só había dous porteiros. Daquelas eran Pablo Cacharrón e Manu Cedrón. E tiña que ir un terceiro por se pasaba algo.

Esa foi a miña aventura esa temporada no Lugo. O luns no recreo do instituto rompín a tibia e o peroné xogando ao fútbol. Estiven apartado uns sete meses dos terreos de xogo e un ano sen volver a competir. Ata o xaneiro seguinte non puiden estar na Liga. Pero puiden xogar en Honra e de albivermello despois da media semana da temporada anterior.

Dani Pérez Fernández. Porteiro do Guntín, dende cativo entre paus

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*