Vivimos grandes anos no Polvorín. Recordo unha das fases de ascenso a Liga Galega que xogáramos. Adestrábanos Juan Carlos Rodríguez, que tiña unha curiosa manía. A de poñernos os partidos do rival para analizalo todos xuntos.

A xeración de Pablo celebrando unha Copa cadete

Era un venres e comezou un ‘speech’ (discurso) dunha hora. Nós viríamos con algunha caña enriba. Seguro que o primeiro que pensamos foi: «pero que merda é esta…». Pero o relato animouse. E o míster soltou unha comparativa espectacular:

-«Vós que preferides ser? Cabeza de ratón ou cola de león?» «Actitude, actitude!!»

Saímos do vestiario todos mortos de risa. Non sabíamos con quen pensaba que estaba a falar. Só éramos uns rapaces que queríamos saltar ao campo e pasalo ben.

De súpeto, o míster decatouse de algo. Máis ben de alguén que se foi da lingua.

-(un xogador, actualmente en Preferente): «Pois eu quero ser as dúas, cabeza de ratón e cola de león».

O adestrador enrabietouse de tal maneira que acabamos adestrando sós, o día antes dunha fase de ascenso. Dixo que non ía ao campo a perder o tempo. Seguro que razón non lle faltaba… Pensábamos máis en pasalo ben que en competir.

Pablo Hernández Castillo. Porteiro xubilado. Xogador formado nas categorías inferiores de Milagrosa e Polvorín

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*