Parece que teño que contar unha anécdota que me teña pasado nun campo de fútbol. Despois de rebuscar no meu historial durante estos 20 años de fútbol creo que me quedo ca mellor e mas cocha anécdota.
Podiamos titulala «Aperta o xusto».

Resulta que o ano que estiven na Residencia tocounos ir xogar ao Pepe Barrera contra o Ribadeo. Partido bonito, partido esperado ao longo da semana. Todo eso truncouse a noite anterior no meu domicilio habitual. Unha inxesta dun alimento en mal estado truncou todo nun momento. Xa non pensaba no partido, senón en como poder xogalo sen cagarme vivo.
O día do partido lembro espertar e querer chamar ao adestrador para decirlle que non iba, pero poderon máis as ganas de xogar que unha simple cagalera.

Álvaro, primeiro pola esquerda na fila de abaixo, durante a súa etapa no Castro.

Alí fun, con ganas de todo, tanto de xogar como de «jiñar», cagábame vivo!
Pois nada, decidín probar no quencemento un método para ver se podía xogar sen irme pola pata abaixo. Este método non era outro que meter papel hixiénico na raia do cú e apertar as cachas como podía.
O final todo saiu a pedir de boca,  aínda lembro compañeiros que me dicían ao final do partido, «Alvaro, véxote cansado e pálido» e eu simplemente asentía :).
Unha aperta a todos e xa sabedes, para ocasións difíciles, solucións fáciles.

Álvaro Álvarez. Lateral zurdo, actualmente na SD Sarriana.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*