O clube lucense fixo oficial a destitución do adestrador francés Vivian Dors o pasado 23 de febreiro. Futbolinlugo tratou de profundizar un pouco máis nos motivos da rescisión.

O pasado xoves a Milagrosa publicaba na súa web unha inesperada nova: “Vivian Dors deixa de ser adestrador da SCD Milagrosa” titulaba. O francés encargábase tanto do primeiro equipo feminino como do infantil feminino do clube de Frigsa.

Os resultados non estaban a favorecer ao equipo, encadeando tres derrotas consecutivas (agora catro, tras caer derrotadas esta fin de semana ante o Portonovo) e sen vencer desde o 22 de xaneiro. A posición na táboa tampouco é a esperada para un conxunto recén descendido a esta categoría.

Na publicación, sinalábase simplemente que ambas partes decidiran romper as relacións que os mantiñan unidos ata fin da tempada. A nosa redacción falou con Vivian para darlle a oportunidade ao técnico de manifestarse.

Vivian respondeu moi amablemente nosas preguntas: “É unha destitución por ter outra maneira de ensinanza non compartida e nada máis.”. As palabras do preparador non deixan dúbida, é un habitual cese de contrato dos que vivimos a diario no fútbol, tanto a niveis profesionais como amateurs.

A dirección deportiva da Milagrosa atópase na busca dun novo adestrador. Desde Futbolinlugo seguiremos o avance desta busca e desexamos, a súa vez, moita sorte a Vivian Dors no seu futuro.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*