Na súa gran maioría, os clubes lucenses están a iniciar a súa pretemporada para afrontar a campaña 2017/2018. Non obstante, somos coñecedores de que as pretemporadas son os adestramentos máis duros para calquer xogador, polo que necesitan un descanso, algo de ocio… Futbolinlugo atopou este descanso en Baamonde, o día de 12 de agosto, cando terá lugar a II edición do Torneo 3×3 de «Fútbol-Burbulla«.

Si amigos, fútbol-burbulla. E que é iso -preguntarán algúns-? Pois consiste en xogar ao fútbol metido no interior dunha burbulla xigante coa que poderás rebotar contra os rivais, e facer cabriolas sen ningún risco. As risas e a emoción está garantizada. Ademais, no torneo as rivalidades só durarán os oito minutos que dura o encontro, xa que a organización ofrece unha comida de confraternización a todos os participantes.

O torneo consisitirá nunha fase de grupos pola mañá, e as eliminatorias decisivas pola tarde. Os tres primeiros clasificados levarán trofeos e vales agasallo nunha tenda de deportes, e o resto dos participantes medalla. Os equipos poderán ser íntegramente masculinos, íntegramente femininos ou mixtos, pero respetando a modalidade 3×3 e sendo todos maiores de 16 anos.

Como xa dixemos, os partidos terán unha duración de oito minutos (dúas partes de catro minutos) e, en caso de empate nunha eliminatoria, o gañador saliría dunha quenda de tres penaltis ou, en caso de continuar igualados meses tres lanzamentos, mediante unha quenda á morte súbita.

A inscrición serán 30 euros por equipo (10€ por xogador), e 25 euros para os equipos xa participantes na primeira edición. Para saber máis ou para inscribirte, visita www.futbolburbulla.com . De seguro é unha boa maneira de relaxarse e pasar un bo día cos amigos!

Agradecer a Hugo Parapar por proporcionarnos información, e a toda a organización por iniciativas para fomentar a convivencia entre a xente de fútbol!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*